Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de febrero de 2026

Programa Apego. Actividades para marzo-maio do 2026

Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de marzo, abril e maio, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.

Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!

Velaquí a programación para os meses de marzo, abril e maio de 2026:

Martes 10 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 6 de marzo, ás 10.00 h

Ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, A voar pretende axudarlles ás nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, rapazada... a voar!!

​​​​​​Martes 17 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 13 de marzo, ás 10.00 h

Narración oral e música onde a gran protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura diferente. No seu camiño hai 5 lobiños pequerrechiños que caben na súa cesta. Narración de Ángeles Goás e música en directo de Cristina Castro.

​​​​​​Martes 24 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 20 de marzo, ás 10.00 h

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para as/os máis pequenas/os. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares.

​​​​​​Martes 31 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 27 de marzo, ás 10.00 h

Espectáculo para o público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Relación de ditos populares, retrousos, xogos de man que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.

​​​​​​Luns 6 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de abril, ás 10.00 h

Proposta musical que ofrece a posibilidade de lles achegar aos/ás máis cativos/as a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un tempo de escoita e outro de experimentación e manipulación de instrumentos de percusión.

​​​​​​Martes 7 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de abril, ás 10.00 h

Sesión participativa para coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. As familias achegaranse a distintos estímulos sonoros e aprenderán a cantar distintas cancións nesta experiencia musical compartida coas súas crianzas.

​​​​​​Martes 14 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 10 de abril, ás 10.00 h

Que pasa cando se xunta ilustración e palabra contada? Pois que xorde isto. O ilustrador Mark Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico cheo de  personaxes inesquecibles, creatividade desbordada e moito divertimento.

​​​​​​Martes 21 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 17 de abril, ás 10.00 h

Sesión participativa para coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. As familias achegaranse a distintos estímulos sonoros e aprenderán a cantar distintas cancións nesta experiencia musical compartida coas súas crianzas.

​​​​​​Martes 28 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de abril, ás 10.00 h

Espectáculo de ilusionismo participativo onde se trata de animar as familias e as crianzas a descubrir as marabillas e a maxia da lectura mediante a arte do imposible, unha das ferramentas educativas máis potentes.

​​​​​​Martes 5 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 1 de maio, ás 10.00 h

Espectáculo de narración oral, música en directo e manipulación de monicreques. "Esa é unha lingoreteira", dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer!

​​​​​​Martes 12 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 8 de maio, ás 10.00 h

Homenaxe á escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. "É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. De mudar o mundo, da xustiza, da igualdade, da liberdade e tamén da felicidade".

​​​​​​Martes 19 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 15 de maio, ás 10.00 h

Leo, o León máis curioso da selva, está aprendendo os números. Ten un barco, dúas cereixas, tres coches... un día desordenáronselle todas... pobre Leo! Xa non lembra a orde dos números! Será capaz, coa vosa axuda, de ordenar as súas dez cousas favoritas?

​​​​​​Martes 26 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 22 de maio, ás 10.00 h

Música e baile tradicional mesturado co xogo baseado nas cancións máis coñecidas por todas e todos (O galo, A vaca marela, O verdegaio...). As familias poden traer percusión miúda (axóuxeres, pandeiretas etc.) para amenizar a festa.

Documentos:

Folleto_Apego_Marzo_2026.pdf (2 MB)

Actividades relacionadas

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma, ás 17.00 h

    Cuándo:

    21/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 17/04/2026 hasta el 21/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma, ás 18.30 h

    Cuándo:

    21/04/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 17/04/2026 hasta el 21/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Ler para crer”, de Joshua Kenneth, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 24/04/2026 hasta el 28/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión