16 de marzo de 2026
Actividades dirixidas aos centros de ensino de infantil municipais
Programa de fomento e dinamización do galego na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña
Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:
1 Contribuír á galeguización de todos os niveis do sistema educativo e á dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
2 Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
3 Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, e máis nun contexto tan castelanizado como A Coruña.
4 Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, primordialmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.
Co fin de conseguirmos estes fins, propoñemos realizar 11 pases de:
"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de lles achegar aos/ás máis cativos/as a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un espazo lúdico onde o alumnado pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas... e outros construídos a partir de materiais de refugallo. A actividade consta de dúas partes: a primeira dedicada á escoita, que dura 20 minutos; a segunda parte dedicada á exploración e manipulación dos instrumentos.
As actividades durarán 50 min aprox. e realizaranse nas propias EIM, ao longo dos meses de marzo, abril e maio de 2026. De cada unha desenvolverase un pase nas escolas Luís Seoane, Os Cativos, Monte Alto, A Caracola e Agra do Orzán. Nas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases en vez de un.
A Coruña
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
24/03/2026
17.00 horas
Desde el 20/03/2026 hasta el 24/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
24/03/2026
18.30 horas
Desde el 20/03/2026 hasta el 24/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
31/03/2026
17.00 h
Desde el 27/03/2026 hasta el 31/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible