Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de septiembre de 2026

Programa Falamos secundaria 2026

Actividade dirixida aos centros de ensino secundario da cidade

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos secundaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Con este fin, imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora (dunha duración aproximada de 70 minutos):

  • 2 charlas (10.00 e 12.00 h) o mércores 28 de outubro de "O galego nas redes sociais", de Orgullo Galego, dirixidas ao alumnado de 1.º e 2.º de bacharelato dos IES da cidade.

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados, dende o 15 de setembro ata o 15 de outubro, para os centros públicos. Se quedasen prazas libres, abrirase un segundo prazo, para os centros concertados, dende o 15 ata o 26 de outubro

A solicitude de asistencia realizarase a través da web de Educación, en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude, ata que se complete a capacidade da planta baixa do auditorio (300 butacas). Débese estar no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.

A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta de cada centro escolar.

Estas charlas formativas teñen como obxectivo mostrarlle ao alumnado a situación do idioma galego en Internet, dar a coñecer distintas persoas creadoras de contido no noso idioma, explicar o éxito da plataforma Orgullo Galego etc. 

Orgullo Galego é unha comunidade en redes en lingua galega que naceu no ano 2016 en Facebook co obxectivo de divulgar a nosa lingua, cultura e tradicións mais tamén para falar de actualidade, humor, historia etc. con Galicia como eixe central. Un dos obxectivos principais é normalizar o uso do galego nas redes sociais e mostrar que o galego non resta, ao contrario, ten un valor engadido e con el podemos chegar a milleiros de persoas. Outro dos obxectivos é empregar as novas tecnoloxías para dar a coñecer a nosa historia e cultura dun xeito moderno que contribúa a chegar a todas as capas da sociedade mais especialmente á xente máis nova.

Obxectivos do programa Falamos secundaria:

  • Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación secundaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.gal 

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 17.00 h

    Cuándo:

    29/09/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 18.30 h

    Cuándo:

    29/09/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Garavanciña", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cuándo:

    06/10/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 02/10/2026 hasta el 06/10/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión