Cantacontos baseados no libro-disco "De aquí para alá"
Familias
Familias
28/10/2021
Ya ha finalizado
Desde el 25/10/2021 hasta el 28/10/2021
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
"De aquí para alá" é un proxecto didáctico-musical para público infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe o público que nos acompañe na procura de novos sons!
Nesta ocasión, ten un formato cantacontos onde a autora, Lydia Botana, a través da música, nos contará a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ao seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.
Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por todos os continentes, mostrando as distintas tradicións, bailes, música, instrumentos, fauna, flora... tratando de espertar o interese pola música e as culturas doutros lugares valorando a diversidade e, por suposto, respectándoa, dun xeito divertido.
Agárdannos xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae...
A actividade desenvolverase nunha aula do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Actividades relacionadas
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
07/05/2024
17.00 horas
Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
07/05/2024
18.30 horas

14/05/2024
17.00 horas
Desde el 10/05/2024 hasta el 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible