Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia, Para público en general
17/09/2024
Ya ha finalizado
Desde el 13/09/2024 hasta el 17/09/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
17.00 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Palabras nace da necesidade de lles dar continuidade aos proxectos de investigación sobre a nosa lingua galega, Puño Puñete e Ris Ras. É un espectáculo que, coma nos anteriores, nos fará viaxar a través da música, dos xogos, enredos e historias tradicionais. Partindo de cantigas con xogos de repetición e de contos musicalizados, este é un espectáculo onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible