1 de septiembre de 2026
O mércores 14 de outubro ábrese o prazo para o repartimento dos pases. Cada persoa poderá retirar, como máximo, dúas invitacións.
As invitacións para asistir á actuación só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza o vindeiro venres 23 de outubro unha nova edición do AgoraSón de outono, un evento cultural xa clásico destas datas no Centro Sociocultural Ágora, e que nesta ocasión contará cun concerto con dúas actuacións, por un lado A Banda da Loba e por outro Icía Varela e Haruna Chatani, ás 21.00 horas.
Esta iniciativa, que se leva a cabo co gallo do Día das Bibliotecas, está promovida por Normalización Lingüística, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Iria de Cabo e Paula Rego) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular.
«Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír» e «Xabón Lagarta» son os catro traballos discográficos que tiñan publicados ata o ano pasado. En 2025 sacaron «Lovismo».
Recibiron diversos recoñecementos ao longo da súa traxectoria tanto pola súa música como polo seu compromiso social e coa lingua galega. En 2018 gañaron o premio á mellor música galega no certame aRi[t]mar. En 2020 o Premio San Martiño de Normalización Lingüística. En 2025 os premios Alfredo Iglesias, Rebumbio e CREA. Tamén foron finalistas dos Premios Opinión da Música de Raíz, dos Martín Códax da Música, do Concurso Fran Pérez "Narf" e dos Premios MIN da Música Independente.
O amor non foi nunca un tema especialmente tratado por elas, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas súas vidas por diversos motivos, decidiron explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións. Lovismo é unha declaración de amor, un canto polos amores que son e os que non chegan a ser. Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen. Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras. Lovismo é amor e transformación.
Icía Varela e Haruna Chatani
A pandeireta que une culturas. A cantareira galega Icía Varela e a música Haruna Chatani ofrecen unha proposta artística moi singular na que se mesturan as sonoridades tradicionais de Galicia e do Xapón, creando pontes entre culturas a través do koto (arpa xaponesa) e da pandeireta.
A malpicá -de Cerqueda- Icía Varela é filóloga e unha das voces máis potentes do panorama actual da música tradicional galega. Fundou o grupo Arredores, co que publicou o disco Ecdise (2024). Subiu aos escenarios con SÉS, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Cassandra ou Xosé Manuel Budiño. Como solista, actuou no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) e no Celtic Connections de Glasgow (Escocia). En 2025, o ano das Letras Galegas para as cantareiras, lanzou xunto con Xosé Manuel Varela dúas das obras literarias claves en torno a este recoñecemento, Cantareiras e Pandeireteiras, e presentou o seu primeiro disco en solitario, Mens (tributo e agradecemento precisamente ás Velliñas de Mens, unhas das homenaxeadas coas Letras).
A nipona Haruna Chatani chegou a Camariñas a comezos do 2024, con 28 anos, co propósito de aprender español e empapouse de galego. Por aquel entón xa sabía xaponés, inglés, ugandés, camboiano e italiano. En Xapón, estudou Educación e Arte e toca o piano e a ocarina. Ao escoitar a música tradicional galega quixo formarse e fíxoo coa asociación local O Cansorriño, con Icía Varela de mestra de canto e pandeireta. As dúas xuntas realizaron unha xira co nome "A música que nos une, os camiños que nos xuntan".
Segundo AgoraSón deste ano 2026
O AgoraSón lévase a cabo dúas veces ao ano: na primavera -polo Día das Letras Galegas- e no outono -en conmemoración polo Día das Bibliotecas-. O obxectivo desta proposta é dobre: ofrecer un espectáculo musical nun recinto tan especial como o auditorio do Centro Sociocultural Ágora e, en paralelo, levar a cabo un proceso de dinamización lingüística e de promoción da lectura, xa que as invitacións para asistir ao concerto só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega. O AgoraSón é un dos programas tradicionais de Normalización Lingüística, que xa tivo nos seus carteis a artistas da categoría das Tanxugueiras, Mercedes Peón, Ruxe Ruxe, Luar na Lubre ou Boyanka Kostova.
Como e onde obter os pases?
O concerto terá lugar o venres 23 de outubro, ás 21.00 horas, e só será posible a asistencia entregando a invitación previamente retirada nas Bibliotecas Municipais. O repartimento destas invitacións comezará o mércores 14 de outubro, e cada persoa poderá retirar, como máximo, dúas invitacións, que son sen numerar. Repartiranse, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) nas bibliotecas municipais, no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de repartimento:
Consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.
De sobraren invitacións estarán ao dispor o propio día pola tarde na biblioteca Ágora.
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
29/09/2026
17.00 horas
Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
29/09/2026
18.30 horas
Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
06/10/2026
17.00 horas
Desde el 02/10/2026 hasta el 06/10/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible