Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2025

A Coruña das Letras: andainas guiadas por Xurxo Souto pola Coruña máis descoñecida

Andainas guiadas no outono por tres barrios da cidade coas letras como protagonistas

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte:

- Sábado 11 de outubro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 6)  "Visma, o outro mar da Coruña", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

- Sábado 25 de outubro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 20)  "Polo Campo do Carballo e o Camiño Novo", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Sábado 8 de novembro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 3)  "As mulleres do muro (peixeiras, redeiras e mariscadoras)", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión