Concello da Coruña

Concello da Coruña

A visita do Apalpador pase das 17.00 h

Espectáculo para nenas e nenos de 3 a 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

20/12/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/12/2022 ata o 20/12/2022

A inscrición comezará o venres 16 ás 10.00 h a través desta web.

A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

Pase das 17.00 h.

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

40 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

O espectáculo teatral "A visita do Apalpador", trata de achegar ás familias e nenas e nenos esta figura mítica do Nadal galego.

Este non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir no Nadal? Neste espectáculo cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante, Trasniña. Nenas e nenos aprenderán a soutar e cantarán as cancións tradicionais sobre o personaxe, coa axuda do libro "O Apalpador" do escritor e actor Carlos Labraña.

Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas de 3 a 6 anos.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.

A cada pase só poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 18.30 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cando:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión