Contos e música
Familias, Infancia, Para público en general
06/05/2025
Ya ha finalizado
Desde el 02/05/2025 hasta el 06/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Neste espectáculo de contacontos musical, baseado no libro Marta e a píntega da escritora Eli Ríos, a nena Marta coñece a píntega Oli e xuntas viaxan ao Mundo dos Contos e, grazas a unha morea de aventuras, transfórmano nun lugar mellor: máis diverso e máis xusto, onde as princesas dos contos poden ser felices ao crearen e visibilizaren as súas propias historias.
O público participará de maneira activa e creativa a través das cancións coa voz e a percusión de Jara Ortiz, nunha mestura de música e teatro co humor, a literatura e a muiñeira dende a perspectiva de xénero.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible