Contos para crianzas
Familias, Infancia
29/10/2024
Ya ha finalizado
Desde el 25/10/2024 hasta el 29/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
35 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto. Os meniños reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, abraiándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir. Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese. Nano, unha simpática ra, será a protagonista destas pequenas grandes historias.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible