28 de agosto de 2026
Esta acción ten como obxectivo crear unha folla de ruta para reforzar e promover o uso do galego na cidade tanto no ámbito cotián como no institucional
O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización lingüística, unha directriz que ten como obxectivo definir e coordinar un conxunto ordenado de medidas dirixidas a promover o uso do galego na cidade da Coruña. O orzamento base de licitación é de case 50.000 €, e o prazo de execución de catro meses.
"O compromiso deste goberno co galego é claro, e demostrámolo cada día desde o ámbito da comunicación institucional e desde o apoio a iniciativas que promovan o arraigamento cultural e a identidade galega entre a cidadanía. Con este plan de normalización lingüística, damos un paso máis na consolidación e na ampliación deste compromiso", subliñou a alcaldesa, Inés Rey, que recordou tamén que o Concello, baixo o seu goberno, aprobou a primeira ordenanza de uso de galego na Coruña.
Esta acción reforza cun marco e plan de acción definido o cumprimento da Ordenanza reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña, aprobada polo Pleno no ano 2021, e que supuxo a reafirmación dun compromiso explícito coa defensa da lingua desde o ámbito institucional.
Os obxectivos do Plan inclúen promover que o galego sexa a lingua habitualmente usada polo Concello en todos os seus ámbitos; garantirlle á cidadanía coruñesa o seu dereito a poder vivir con normalidade o uso cotián da lingua; e conseguir máis funcións sociais e maiores espazos de uso para o galego na Coruña fomentando a súa presenza en sectores estratéxicos.
Máis alá dos obxectivos xerais, o Plan de normalización lingüística deberá presentar e detallar unha análise concreta da situación sociolingüística no Concello, con medidas concretas que se implantarán co fin de mellorar as condicións de uso, e facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos marcados. O plan levarase a cabo a través dun proceso participativo no que interveñan activamente os axentes sociais e administrativos. Para obter os datos de diagnóstico, a empresa adxudicataria realizará tamén un estudo demoscópico que apoiará así con datos cuantitativos o plan de acción que se vai desenvolver.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
29/09/2026
17.00 horas
Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
29/09/2026
18.30 horas

06/10/2026
17.00 horas
Desde el 02/10/2026 hasta el 06/10/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible