Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia
17/09/2024
Ya ha finalizado
Desde el 13/09/2024 hasta el 17/09/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Palabras nace da necesidade de lles dar continuidade aos proxectos de investigacion sobre a nosa lingua galega, Puño Puñete e Ris Ras. É un espectáculo que, coma nos anteriores, nos fará viaxar a través da música, dos xogos, enredos e historias tradicionais. Partindo de cantigas con xogos de repetición e de contos musicalizados, este é un espectáculo onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible