2 de septiembre de 2024
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de setembro, outubro e novembro, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.
Na Coruña témoslle Apego á lingua!!
Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!
Velaquí a programación para os meses de setembro, outubro e novembro de 2024:
Martes 17 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 13 de setembro, ás 10.00 h
Oralidade tradicional, teatro e música nun mesmo espectáculo. Xogos de repetición, contacontos, cancións e enredos.
Martes 24 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 20 de setembro, ás 10.00 h
Espectáculo de Atenea García que combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.
Martes 1 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)
Inscrición: a partir do venres 27 de setembro, ás 10.00 h
Poucas as veces as crianzas van para a cama de boa gana. Neste espectáculo poñémonos nos intres antes de deitarse cunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver e visitas inesperadas.
Martes 8 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 4 de outubro, ás 10.00 h
Narración oral e música en directo, porque é tempo de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro. Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos... corredes con nós?
Martes 15 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 11 de outubro, ás 10.00 h
Félix Arias trae este concerto para a primeira infancia cheo de suaves melodías que axudarán a que as crianzas desenvolvan o sentido do ritmo e a memoria musical con cancións didácticas con moita narrativa e literatura.
Martes 22 de outubro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 18 de outubro, ás 10.00 h
Luppo é un home maior cunha rutina moi concreta. Todos os días escoita, no seu gramófono, a mesma ópera. Tulún, un neno que lle leva a compra a diario, comparte con el contos e historias da vida de Luppo. Mais un día Tulún atopará que Luppo non está na casa. Unha obra que fala do ciclo da vida e da relevancia das experiencias dos nosos maiores na infancia.
Martes 29 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 25 de outubro, ás 10.00 h
A contadora Raquel Queizás traballará a psicomotricidade e a percepción espacial dos bebés a través de pequenas historias que focalicen a súa atención na narración. Nano, unha simpática ra, será a protagonista destas pequenas grandes historias.
Martes 5 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 1 de novembro, ás 10.00 h
Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bulebule de Caxoto e engadindo a participación imprevisible do público para unha tarde de contadas.
Martes 12 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 8 de novembro, ás 10.00 h
Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música... nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar todo o que bota de menos no presente.
Martes 19 de novembro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 15 de novembro, ás 10.00 h
Maruxiña bebe do conto de Andersen "Polgariña", mais baixo unha nova óptica máis cómica e musical. Maruxiña, despois de ver nacer unha hortensia dunha das xardineiras da señora Lola, descubrirá que existe un mundo máis grande ca o que coñece, o que a anima a investigar toda a súa contorna: a amizade, os soños e a decisión de que quere ser.
Martes 26 de novembro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 22 de novembro, ás 10.00 h
Contacontos e ilustración sobre o libro que a compañía fixo arredor da escritora coruñesa celebrada este ano polo Día das Letras Galegas.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible