8 de julio de 2025
Actividade dirixida aos centros de ensino primario da cidade
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Con este fin, imos desenvolver as seguintes actividades no auditorio do Centro Ágora:
Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 50 minutos).
As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados, dende o 29 de setembro ata o 3 de outubro, para os centros públicos. Se quedan prazas libres, abrirase un segundo prazo, para os centros concertados e privados, dende o 6 ata o 10 de outubro.
Será a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros.
Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude, ata que se complete a capacidade do auditorio. Débese estar no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.
A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.
A Gramola Gominola é unha banda de auténtico rock en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di Elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo o público en pé cos cornos na man! Recolleron o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.
A Banda do Verán é unha banda de música para público infantil composta por Xoán Curiel, Jara Ortiz, Sofía Espiñeira, Carlos Freire, Antón Fernández e Álex Salgueiro. A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente, que recibiu o Premio Martín Códax da Música 2019. O libro-cd do mesmo título está publicado pola Editorial Galaxia.
Obxectivos do programa Falamos primaria:
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.gal
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible