13 de diciembre de 2025
Ofrecéronselle á clientela varias receitas feitas con produto local
O Concello volve respaldar este ano a campaña de promoción do peixe da lonxa coruñesa, dentro do seu compromiso coa economía sostible e co produto local. Neste sentido, hoxe celebrouse unha nova xornada do programa Peixe da Lonxa da Coruña, que busca achegar á xente a calidade dos produtos do mar que cada día chegan ao porto da cidade.
O mercado municipal de Elviña foi o escenario dunha degustación gratuíta, elaborada pola escola de hostalería Álvaro Cunqueiro, aberta a todos os clientes e visitantes. En representación do Concello, estivo presente no acto Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados. "Na Coruña temos produtos de primeira calidade, e temos que reivindicalos", subliñou.
O selo Peixe da Lonxa da Coruña foi impulsado a iniciativa da alcaldesa, Inés Rey, para recoñecer as peixarías e o peixe da lonxa coruñesa como marca de calidade. Desde entón, celebráronse diversas iniciativas en distintos puntos da cidade para achegar os sabores marítimos de aquí ás veciñas e veciños da cidade. Todo isto foi posible grazas á sinatura dun convenio de colaboración coa Fundación para o Rendemento Económico Mínimo Sustentable e Social (FREMSS), que serve tamén para distribuír o selo de calidade nas peixarías e locais do sector.
Ademais, este programa tamén se marcou como obxectivo fundacional a promoción dunha alimentación equilibrada, poñendo ao dispor do público ingredientes e receitas pensados para enriquecer a dieta atlántica.
A degustación ofrecida hoxe aos clientes do mercado foi:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible