Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercado Municipal de Monte Alto

Enderezo:

Praza Indalecio Prieto s/n. 15002 A Coruña

Como chegar:

Localiza o mercado no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos esta información serache útil:

Liñas de bus urbano: Avda. Hércules 6, 6A, 7, 4, 5, 11, 17

AVISO:

O mercado de Monte Alto (rúa Forcarei) atópase en reformas.

Actualmente habilitouse un mercado de Monte Alto provisional situado na Praza de Indalecio Prieto.

Teléfono:

981 184 200

Servizos:

Aparcadoiro, WIFI e adaptado a persoas con mobilidade reducida

Horario:

Luns a sábado de 08:00 h a 15:00 h

O mercado tradicional de abastos de Monte Alto foi construído nos anos 80 nun descampado de titularidade municipal neste barrio. As obras contaron cunha subvención da Xunta de 50 millóns de pesetas que posibilitou que no descampado se crease un edificio de dúas plantas e dúas plantas de aparcamento.

O mercado ademais dos tradicionais postos de peixes e carne, situados na primeira planta, e os de carne, ovos e froita, tamén incluía postos comerciais, na súa maioría na parte exterior do edificio.

Na actualidade están a executarse obras de reforma neste mercado coa renovación das instalacións da primeira planta que ocuparán os postos tradicionais da praza de abastos, mentres que na planta baixa instalarase un supermercado. Todas estas obras terán un orzamento de 1,4 millóns de euros.

  • Monte Alto (mercado provisional)

  • Monte Alto

Resultados postos de mercado

resultados 22

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión