Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de abril de 2017

Mércores 12 de abril 10.00 h. Presentación do Curso de Desenvolvemento de Videoxogos no Viveiro Tecnolóxico ACCEDE Papagaio

Presentación do Curso de Desenvolvemento de Videoxogos en ACCEDE Papagaio

Na presentación participarán o concelleiro de Emprego e Economía Social Alberto Lema, representantes de Gato Salvaje Studio e varias personalidades como Pablo Grandío, director de Vandal.net, medio dixital de videoxogos máis importante en España e Iberoamérica

O Concello da Coruña a través da Área de Emprego e Empresa anuncia a presentación no Viveiro de Empresas ACCEDE Papagaio da segunda edición do Curso de Desenvolvemento de Videoxogos, a cargo do concelleiro Alberto Lema.

Na presentación comunicaranse datos do sector, no que é xa, a día de hoxe, a primeira industria cultural por facturación tanto en España como a nivel mundial. Para iso, ademais do concelleiro e de representantes de Gato Salvaje Studio, empresa pioneira a nivel galego e unha das máis reputadas no plano nacional, participarán outras personalidades como Pablo Grandío, director de Vandal.net, o que a día de hoxe é o principal medio dixital do sector con 20 anos de percorrido e máis de 4 millóns de usuarios únicos diarios.

A maiores, comunicaranse as conclusións do primeiro Curso de Videoxogos, proxecto formativo que tivo lugar no verán de 2016 e pioneiro das súas características impartido en Galicia. Desta experiencia resultaron 5 proxectos empresariais, integrados polo seu alumnado que actualmente están en fase de mentorización no Viveiro ACCEDE Papagaio.

A presentación terá lugar este mércores 12 de abril no Viveiro de Empresas ás 10.00 h. Espérase a asistencia de profesionais do sector audiovisual galego, ademais de persoal do grao en Comunicación Audiovisual, a Escola Superior de Deseño e Artes Pablo Picasso, ademais ciclos de Formación Profesional análogos a el.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión