Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (en réxime de concorrencia competitiva)

Axudas para o sector de servizos que deben afrontar investimentos extraordinarios para adecuar os espazos de traballo, aos cales normalmente deben acceder a clientela e outras persoas, nos que se exerce a actividade económica coas novas condicións sanitarias.

A quen vai dirixido?:

Micro ou pequena empresa privada formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 01/08/2019 e o 06/08/2020. Inclúense autónomas individuais, sociedade civil, comunidade de bens, sociedade mercantil, cooperativa ou sociedade laboral.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/07/2020 ata o 06/08/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/07/2020 ata o 06/08/2020

Remuneración / Custo:

a) Liña Emprende

De 8.000 € (posto promotora) /14.000 (2 postos)/18.000 (3 postos) ata 20.000 € (4 ou máis postos de traballo indefinidos).

b) Liña Innova

De 12.000 € (posto de traballo obrigatorio para unha muller)/15.000 € (posto obrigatorio + outro)/ 18.000 € (obrigatorio+ 2 postos) ata 20.000 € (ademais do posto de traballo obrigatorio, 3 ou máis postos de traballo indefinidos).

c) Liña activa

De 6.000 € (ás empresas que manteñan o posto de traballo da promotora)/ 10.000 € (2 postos) /12.000 € (3 postos) ata 15.000 € (ás empresas con 4 ou máis postos de traballo indefinidos para mulleres).

d) Liña ITEF

De 16.000 € (posto de traballo da promotora)/25.000 € (2 postos) /30.000 € (3 postos) ata 40.000 € (4 ou máis postos de traballo indefinidos para mulleres).

e) Concilia

  • Concilia-promotoras: 3.000 €/empresa.
  • Concilia-persoas traballadoras por conta allea:
    • Acordo ou pacto de conciliación para o persoal asalariado: 3.000 €/empresa
    • Acordo teletraballo: 1.000 €/ traballadora por conta allea, máx.5.000 €/empresa.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200706/AnuncioG0244-230620-0001_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

a) Liña Emprende

Promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Liña Innova

Promover a implantación de medidas innovadoras para mellorar a competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que apliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.

c) Liña Activa

Favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas non poderán supoñer, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea.

d) Liña ITEF

Impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia

Axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 189 887

Correo electrónico: empresa@coruna.gal

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

  • Protocolo de información do ACCEDE Papagaio (1 MB)
  • Protocolo de acollida ao ACCEDE Papagaio (2 MB)
  • Bases polas que se rexe o proceso de admisión ACCEDE Papagaio (110 KB)
  • Solicitude de espazo ACCEDE Papagaio (133 KB)
  • Anexo I, Plan de empresa (273 KB)
  • Ampliación Anexo I, Plan de empresa detallado (584 KB)
  • Anexo II, criterios de valoración (282 KB)
  • Bases ACCEDE-Xa (1 MB)

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

  • Ordenanza fiscal ACCEDE Papagaio (146 KB)

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 08.00 horas a 20.00 horas ininterrompido de luns a venres, excepto festivos.

O horario de administración será de 08.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxaría será de 08.00 horas a 20.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión