23 de xuño de 2013
A intención final do certificado enerxético é favorecer a promoción de edificios de alta eficiencia enerxética e os investimentos en aforro de enerxía.
O certificado enerxético dun edificio é un documento que inclúe información obxectiva sobre a súa eficiencia enerxética co fin de que os propietarios ou arrendatarios poidan comparar e avaliar o seu comportamento enerxético.
Os edificios de nova construción dispoñen, dende hai uns anos, dun certificado enerxético. Co RD 47/2007 cumpríase parcialmente a transposición das directivas europeas vixentes, pero quedaba pendente a certificación enerxética dos edificios existentes.
A recente publicación no BOE do RD 235/2013 implica que todos os edificios, vivendas e locais arrendados ou vendidos con posterioridade ao 1 de xuño do 2013, teñen que ter un certificado enerxético. Os edificios de recente construción, ao estar afectados polo RD 47/2007, xa teñen o certificado enerxético, pero, que ocorre co resto?
1. O propietario do edificio, ou de parte del, será o responsable de encargar a realización da certificación de eficiencia enerxética.
2. O certificado de eficiencia enerxética será subscrito por un técnico competente que será elixido libremente pola propiedade do edificio.
3. A etiqueta resultante incluirase nas ofertas dirixidas á venda ou arrendamento.
4. O certificado será posto a disposición do adquirente (unha copia no caso de arrendatario) ou exhibido ante o arrendatario.
Finalmente é importante distinguir conceptos como cualificación e certificación:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible