25 de xuño de 2013
Co fin de facer de Coruña42 un evento sostible, a Oficina Contra o Cambio Climático do Concello da Coruña realizou o cálculo da correspondente pegada de carbono.
O pasado 21 de abril de 2013 tivo lugar na nosa cidade o II Maratón Atlántica CORUÑA42, que encheu as rúas da Coruña con miles de atletas percorrendo tanto o circuíto homologado de 42.195 metros, como os 10 quilómetros da carreira popular realizada en paralelo.
Co fin de facer de Coruña42 un evento sostible, a Oficina Contra o Cambio Climático do Concello da Coruña realizou o cálculo da correspondente pegada de carbono.
A pegada de carbono define a cantidade de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) asociadas á realización do evento. Exprésase como cantidade de CO2 equivalente (CO2e).
Para o cálculo da pegada de carbono de Coruña42 empregouse a metodoloxía descrita no estándar internacional “Protocolo GHG: Estándar Corporativo de Contabilidade e Reporte (edición revisada)”, elaborado de forma conxunta polo WRI (World Resources Institute) e o WBCSD (World Business Council for Sustainable Development).
Analizáronse de forma pormenorizada as instalacións e as actividades relacionadas coa realización da carreira. Desta maneira as emisións quedaron clasificadas como directas, correspondendo fundamentalmente ás emisións das motocicletas de seguimento durante a competición, ou indirectas, destacando por encima do resto o impacto dos medios de transporte utilizados polos participantes de Coruña42.
O resultado final foi unha emisión total do evento de 42,89 tCO2e, compensables a través de proxectos de reforestación, enerxías renovables ou desenvolvemento económico e ambiental de comunidades vulnerables.
O obxectivo para a próxima edición de Coruña42 é mellorar o resultado deste ano e contribuír así á loita contra o cambio climático.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible