29 de xullo de 2019
A prohibición do baño nas augas portuarias do Parrote acordouna a comisión de seguimento do Concello e Porto no mes de abril
O Goberno local estudará co Porto a posibilidade de abrir a zona ao baño sempre que o permita a lexislación vixente. Para iso o espazo debería ter un posto de salvamento do mesmo xeito que nas praias da cidade e con balizas que separasen as/os bañistas do tráfico marítimo. Igualmente, a calidade das augas debería ter o visto e prace dos técnicos municipais.
A sinalización que colocou hoxe o Porto sobre o baño no Parrote, e noutros espazos da costa, acordárona o anterior executivo local e a entidade portuaria na comisión de seguimento do pasado mes de abril. Así o confirma o persoal técnico do departamento de Seguridade Cidadá, que aseguran que a responsabilidade é compartida por ambos os entes públicos e que o espazo non conta coas medidas de seguridade suficientes que garantan o benestar das persoas bañistas.
Deste xeito, con carácter xeral, o baño en zonas portuarias está prohibido tanto pola lexislación estatal, como autonómica, que regula os usos portuarios. Nalgunhas circunstancias permítese o baño (en zonas delimitadas e balizadas) cumprindo varios requisitos entre os que cabería destacar a dotación de socorristas e a certificación de que a auga é apta para o baño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible