Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2019

A Policía Local sanciona a tres locais de lecer no barrio do Orzán

Os establecementos carecían de licenza para exercer a súa actividade e un deles presenta irregularidades de salubridade

Dentro do plan de seguridade posto en marcha polo Concello para evitar as molestias do lecer nocturno, a Policía Local despregou  o venres pola mañá un operativo de control dos locais no barrio do Orzán no que participaron un inspector, un oficial e doce policías; 3 das sección de disciplina viaria, 2 de medio ambiente, 2 de motos, 2 coches patrulla  e 3 axentes da patrulla planificada.

O resultado da acción dos axentes foi a apertura de expedientes sancionadores aos propietarios de tres locais de hostalería por carecer da licenza necesaria para exerceren a súa actividade. E, a un deles, un expediente por non cumprir o horario que teñen regulado na súa licenza de apertura e de funcionamento.

Ademais, levaron a cabo cinco incautacións de droga a clientes que se atopaban nese momento nos locais, e, por último, anunciaron que se procederá a unha nova inspección por parte do persoal de Sanidade por posibles irregularidades en materia de salubridade no local situado na rúa Pasadizo do Orzán.

O primeiro control realizouse nun local situado na rúa Socorro, no que o 092 realizou tres incautacións de droga e localizou no chan un puño americano sen que os axentes puidesen identificar ao seu dono.

Ademais, no momento do rexistro, o local presentaba luz tenue e música e carecía de licenza, polo que se lle notificou ao encargado unha orde de cesamento de disciplina urbanística.

No establecemento de rúa Pasadizo do Orzán, os axentes do 092 abriron un expediente por posesión de estupefacientes a un cliente e denunciaron o titular do establecemento por exercer unha actividade que non se axusta á súa licenza. O local ten permiso para hamburguesería, pero carecía de cociña, según consta no informe policial. Ademais, tras suprevisar as instalacións, os axentes valoran a posibilidade de realizar unha inspección sanitaria por supostas irregularidades de salubridade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión