Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xaneiro de 2024

Cortarase o tráfico desde as 17.45 horas nas principais vías de paso e irase restablecendo paulatinamente, segundo pase a Cabalgata e o público abandone a contorna

O Concello da Coruña habilita un dispositivo especial de tráfico con motivo da Cabalgata de Reis

Cortarase o tráfico desde as 17.45 horas nas principais vías de paso e irase restablecendo paulatinamente, segundo pase a Cabalgata e o público abandone a contorna

O Concello da Coruña habilitará un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da Cabalgata de Reis 2024, co obxectivo de garantir a maior seguridade para as familias que queiran gozar da chegada das súas maxestades á cidade.

A comitiva sairá ás 18.00 horas da rolda Camilo José Cela, fronte ao CEIP Ramón de la Sagra, cara a avenida de Monelos e continuará por Alcalde Pérez Ardá ata a travesía de Fernández Latorre seguindo cara a Catro Camiños e A Palloza para chegar á praza de Ourense por Linares Rivas. Despois chegará aos Cantóns e á avenida da Mariña ata Porta Real, rematando a cabeza da cabalgata aproximadamente ás 20.30 horas na praza de María Pita.

De acordo coa hora da saída da Cabalgata de Reis, cortarase o tráfico polos diferentes lugares de paso a partir das 17.45 horas e irase restablecendo paulatinamente, segundo pase a Cabalgata e o público abandone a contorna. Recoméndase evitar o uso do vehículo particular durante o día de mañá, 5 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, especialmente nas zonas de paso da comitiva.

Os cortes de tráfico, ao detalle

De acordo co percorrido que seguirá a comitiva da Cabalgata de Reis neste 2024, cortarase o tráfico en diferentes puntos ao longo dos 3,7 quilómetros da ruta que farán as súas maxestades. En detalle e por puntos, os cortes son os seguintes:

Na rolda Camilo José Cela, cortarase o tráfico entre a avenida de Salvador de Madariaga e a avenida de Monelos. Isto afectaralle aos accesos á rolda pola rúa Pensamentos, Xirasois, praza dos Freixos, Caraveis e Rosas.

En canto á avenida de Monelos, cortarase o tráfico ata a rolda de Outeiro, o que afectará á rúa Vicente Aleixandre (impedirase o acceso á avenida de Monelos), Rafael Dieste e Camiño da Igrexa así como ás saídas do aparcadoiro do CEIP Nosa Señora do Rosario, IES Ramón Otero Pedrayo e Torres dos Mariñeiros. Ademais, cortarase o tráfico parcialmente na zona de Cabaleiros e Pérez Ardá, permitindo o tráfico desde Cabaleiros cara a Salvador de Madariaga.

Cabe destacar que tamén se realizará un corte do tráfico parcial entre Vicente Aleixandre e Camiño da Igrexa, no sentido dirección Camiño da Igrexa. E entre Rafael Dieste e o Camiño da Igrexa en dirección á rúa Juan Neira. Ademais, no paso de Salvador de Madariaga coa glorieta do Mercado de Elviña, cortarase o tráfico en dirección á avenida de Monelos Pérez Ardá. Cortarase o acceso á cidade por Alfonso Molina no acceso pola rolda de Outeiro con Pérez Ardá, desviando o tráfico para a entrada por Linares Rivas. Tamén en sentido saída fronte ao Hotel Avenida, impedindo a circulación cara a Pérez Ardá.

En canto á rolda de Outeiro, cortarase o tráfico con alcalde Pérez Ardá. Na confluencia coa rúa Roberto Tojeiro, impedirase o xiro á dereita en dirección Pérez Ardá. Desviarase o tráfico cara a travesía de Rianxo. Na avenida Alcalde Pérez Ardá cortarase dende a avenida de Chile a Salgado Torres, incluíndo o corte de tráfico na confluencia de Salgado Torres con Xeneral Rubín polo acceso ao túnel en dirección entrada á cidade. O paso da comitiva por Pérez Ardá tamén afectará a Ramón y Cajal e avenida de Oza, que impedirá a cirulación en dirección á avenida. Ademais, na confluencia de Catro Camiños coa avenida de Oza, con saída desde Alexandre Bóveda, desviarase o tráfico, impedindo a circulación cara a avenida de Oza.

Na avenida Fernández Latorre cortarase o tráfico no paso da comitiva, con alternativa pola rúa Benito Blanco Rajoy. Este corte afectaralle ás rúas Marqués de Amboage e Castro Chané, impedindo a circulación cara Fernández Latorre, resultando obrigatorio o xiro cara a rúa Cabaleiros. En canto á avenida do exército, cortarase o tráfico fronte á Casa do Mar  impedindo a circulación en dirección Primo de Rivera; e na avenida da Pasaxe, desviaranse os vehículos cara a AC-10.

Na zona de Catro Camiños cortarase o tráfico na confluencia da praza con Concepción Arenal en dirección á Costa da Palloza, así como de Concepción Arenal con Avogacía en dirección Palloza. Tamén na confluencia entre Alexandre Bóveda e Fernando Rey, con regulación de tráfico cara a rúa Cabaleiros. En canto á rúa Marcial del Adalid, cortarase o acceso na confluencia con Federico Tapia en dirección avenida Linares Rivas por onde pasará a comitiva. Neste punto, a comitiva pasará pola marxe esquerda en dirección Xardíns de Méndez Núñez ficando habilitado o carril paralelo para a circulación en dobre sentido.

Na praza de Ourense, cortarase o tráfico na saída das rúas Padre Feijóo e Fontán, con control de saída dos vehículos estacionados. Ademais, estes cortes afectarán ao acceso á rúa Fontán, cortándose o tráfico desde Federico Tapia e praza de Galicia; e tamén no acceso á rúa Padre Feijóo desde a praza de Lugo e a rúa Ferrol. Cortarase o tráfico na praza de Mina con rúa Compostela.

Na rúa Juana de Vega cortarase o tráfico con Durán Loriga, filtrando o acceso a residentes; e con praza de Pontevedra en dirección Juana de Vega. Ademais, na rúa Fonseca será obrigatorio o xiro á esquerda polo túnel con San Andrés.

Na rúa Ambrosio Feijóo impedirase o acceso cara a avenida da Mariña e a avenida do Porto e na Porta Real, impedirase o acceso á avenida de Montoto. Ademais, cortarase o tráfico na paseo da Dársena, rúa Cánovas de la Cruz e rúa Tabernas así como na costa de San Agustín con María Pita para a protección da zona do desfile.

O tráfico restablecerase de forma paulatina en todos os puntos unha vez remate o paso da Cabalgata de Reis e fique libre o espazo, garantindo a protección dos peóns e o correcto desenvolvemento do fluxo viario.

Reservas de espazo

Durante o día de hoxe, os servizos municipais colocarán sinais de reserva de espazo en diferentes puntos do percorrido para garantir o desenvolvemento da Cabalgata con total seguridade. Estas reservas serán efectivas a partir de mañá ás 00.01 horas e colocaranse nas seguintes zonas:

  • Na rolda de Camilo José Cela, desde a avenida de Monelos ata Salvador de Madariaga, na marxe dos centros escolares.
  • Na praza dos Freixos.
  • Na avenida Pérez Ardá, desde a rolda de Outeiro ata o edificio de El Corte Inglés na marxe dereita, en sentido avenida Fernández Latorre Ramón y Cajal.
  • Na avenida de Fernández Latorre, no tramo comprendido entre Ramón y Cajal e a Fonte de Catro Camiños en ambas as marxes.
  • Na avenida de Fernández Latorre coa costa da Palloza.
  • Na avenida Primo de Rivera, desde o viaduto ata o carril bici en dirección saída da cidade.

Canalización do tráfico en zonas de especial alteración do tráfico

Nas vías de especial alteración do tráfico situadas no percorrido, o Concello da Coruña habilitará un sistema de canalización do tráfico para garantir o correcto fluxo de vehículos paralelo ao paso da comitiva da Cabalgata de Reis.

Na rolda Camilo José Cela, realizarase un corte de tráfico do carril esquerdo desde a avenida Salvador de Madariaga á avenida de Monelos (en dirección Monelos). Habilítase así o outro carril de circulación para o acceso-saída de persoas residentes no Barrio das Flores, con entrada por avenida Salvador de Madariaga e saída dirección avenida de Monelos.

Na avenida Alcalde Pérez Ardá, no paso pola estación de autobuses, cortarase o tráfico desde Salgado Torres á rolda de Outeiro. Habilitarase un carril de circulación de tráfico para o acceso de autobuses na marxe dereita desde Salgado Torres cara a Pérez Ardá, e de saída de autobuses por Pérez Ardá en dirección Chile. Colocaranse valos e conos na medianeira para a protección dos peóns e público da Cabalgata.

Xunto á praza de Ourense, a comitiva pasará pola marxe máis próxima á praza (o esquerdo en dirección Xardíns de Méndez Núñez) e habilitarase a marxe dereita para a circulación en dobre sentido, con separación de sentidos mediante conos.

En canto a Alfonso Molina, no dobre sentido con Linares Rivas, mantense o sentido na vía de saída para os vehículos procedentes dos arredores da praza de Vigo. Habilítase ademais un dobre sentido na actual vía de acceso para a canalización do tráfico procedente da marxe habilitada desde a praza de Ourense, en sentido entrada e saída, tamén delimitados por conos.

Vías alternativas para entrar á cidade

Para a entrada por AC-11 - avenida Alfonso Molina recoméndase:

  • Con destino Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras e Monte Alto | Acceder por Linares Rivas de acordo co dobre sentido habilitado, por avenida do Porto e polo túnel.
  • Con destino Cidade Xardín, Ensanche e Pescaría | Por AC-10 cara Carballo, pola glorieta de Lonzas, tomando a terceira rolda para chegar a Manuel Murguía, paseo de Rolda e paseo Marítimo.
  • Con destino estación de tren, Os Mallos ou Agra do Orzán | Tomar saída pola avenida de San Cristóbal ou avenida de Arteixo con Severo Ochoa.

Para a entrada por AC-12 - avenida da Pasaxe recoméndase:

  • Con destino estación de tren, Os Mallos e Agra do Orzán | Empregar o túnel de Eirís (AC-10), avenida de San Cristóbal e avenida de Arteixo con Severo Ochoa.
  • Con destino ao Ensanche, Cidade Xardín, Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras e Monte Alto | Desviarse cara Casabranca para tomar a AC-10 cara a Carballo, pola glorieta de Lonzas, tomando a terceira rolda para chegar a Manuel Murguía, paseo de Rolda, paseo Marítimo-Rubine e Teresa Herrera.
  • Para a entrada por AC-552 - avenida de Arteixo, recoméndase:
  • Con destino Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras, Monte Alto, Ensanche e Cidade Xardín | Desviarse por rolda de Outeiro ou rolda de Nelle para tomar o Paseo Marítimo.
  • Para a entrada por AC-415 - avenida Fisterra recoméndase:
  • Con destino Pescaría, Cidade Vella, Orillamar, Durmideiras, Monte Alto, Ensanche e Cidade Xardín | Desviarse pola rolda de Outeiro ou rolda de Nelle para tomar o Paseo Marítimo.
  • Con destino cidade de Lugo, Palacio da Ópera | Acceso por rolda de Nelle, paseo de Rolda ou rúa José Luís Pérez Cepeda.

Vías alternativas de saída da cidade

Para a saída desde Durmideiras e Monte Alto recoméndase a saída polo paseo Marítimo cara ao estadio de Riazor e a rolda Real Club Deportivo, pola terceira rolda. En canto á saída dende Pescaría e Cidade Vella, recoméndase o uso do túnel de María Pita-Parrote; e desde o Ensanche, por Juan Flórez ata o Paseo Marítimo.

Modificacións nas rutas do autobús urbano

Ao ocuparse as rúas polas que circulan habitualmente os autobuses da rede de transporte urbano, as liñas afectadas iranse desviando por itinerarios alternativos a medida que a Cabalgata desenvolva o seu percorrido. As liñas que modificarán o seu itinerario son:

  • As liñas 4, 12A e 14 non poderán circular pola avda. de Monelos.

  • A liña 12A en dirección Materno, desde a glorieta de Matogrande, continúa por Camilo José Cela para retomar a liña en Vicente Aleixandre. Na volta desde a rúa Oleoduto, xira en avenida de Monelos pola esqueda para baixar por Camilo José Cela ata a avenida de San Cristóbal.

  • A liña 4 desde San Pedro de Mezonzo continuará pola avenida de Alfonso  Molina ata Paxariñas, Salvador de Madariaga e Camilo José Cela, dará a volta nas glorietas de Eirís e do alto de Monelos para volver por Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, Viaduto, Juan Flórez e Federico Tapia, onde recupera o seu itinerario habitual.

  • A liña 14 desde a Estación do Ferrocarril, baixará como a liña 22  ata Paxariñas para tomar Salvador de Madariaga ata Matogrande subirá por Camilo José Cela, avda. De Monelos para retomar o seu itinerario en Vicente Alexandre. Ao chegar aos Castros non poderá continuar cara a Catro Camiños, por iso, dará a volta na rotonda continuando cara ao túnel de Eirís, Casabranca ata Camilo José Cela, avda. San Cristóbal, avda. de Alfonso Molina para acceder pola rolda de Outeiro á estación de ferrocarril, onde retoma o seu itinerario.

  • As liñas con saída do Abente y Lago (1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A), así como a liña 17, circularán polo túnel do Parrote e Estrada do Porto  ata a praza de Ourense continuando por Alfonso Molina ata Paxariñas.

  • As liñas 23 e 23A continuarán por Pablo Picasso o seu itinerario habitual;  as restantes (1, 1A, 2, 2A e 17) farano por Salvador de Madariaga (neste punto a 1A recupera o seu itinerario) e logo por Camilo José Cela, túnel de Eirís, avenida da Pasaxe/Casabranca e Castros (2A cara ao Hospital de Oza e 17 ao Materno).

  • O regreso das liñas 2, 2A e 17, desde os Castros será pola avenida da  Pasaxe/Casabranca, túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, praza de Ourense, Túnel do Porto e Abente y Lago.

  • As liñas 23 e 23A incorporarase en Paxariñas a Alfonso Molina, praza de Ourense, Túnel do Porto e Abente y Lago.

  • A liña 5, en sentido de circulación cara a Hércules, desde a glorieta da Estación de Ferrocarril desviarase a Paxariñas, Alfonso Molina, Viaduto, praza de Ourense, Estrada do Porto, túnel do Parrote e Abente y Lago, onde recupera o seu itinerario habitual.

  • A liña 21 fará cabeza de liña en Juan Flórez, 10, continuando por Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Alfonso Molina e Paxariñas, incorporándose en Pablo Picasso ao seu itinerario habitual. Ao regreso, desde Pablo Picasso circulará por Paxariñas, Alfonso Molina, Viaduto, Federico Tapia e Juan Flórez.

  • As liñas 3 e 7 desde a praza de Pontevedra continuarán por San Andrés, rúa Sol, Paseo Marítimo, rúa Hospital, praza de España, Veramar, Paseo Marítimo e Abente y Lago onde recuperarán o seu itinerario habitual.

  • A liña 3A desde a praza de España circulará por Panadeiras e San Andrés, incorporándose na praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.

  • A liña 12 desde San Pedro de Mezonzo (dirección CHUAC) circulará por Alfonso Molina, Paxariñas, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, Túnel de Eirís, avenida da Pasaxe/Casabranca, Materno. De regreso cara aos Rosales circulará pola avenida da Pasaxe cara aos Castros,  avenida da Pasaxe/Casabranca, Túnel de Eirís, Camilo José Cela, San  Cristóbal, Alfonso Molina, estación de ferrocarril, rolda de Outeiro,  avenida de Arteixo e rolda de Nelle, onde recupera o seu itinerario habitual.

  • A liña 20 continuará tamén desde San Pedro de Mezonzo por Alfonso  Molina, Paxariñas, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, Túnel de Eirís e avda. da Pasaxe/Casabranca, onde se incorpora ao seu itinerario habitual.

  • A liña 22 desde Os Castros, circulará pola avda. da Pasaxe/Casabranca,  Túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, Viaduto, Federico Tapia e Juan Flórez,10.

  • As liñas 24 e UDC desde Alfonso Molina desviaranse polo Viaduto cara a Federico Tapia, facendo cabeza de liña en Juan Flórez, 10.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión