Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de setembro de 2019

Unha estudante da Escola Pablo Picasso, creadora do novo cartel da Policía Local de Tráfico da cidade

Patricia Rodríguez Dorado gañou o concurso promovido polo corpo municipal de Policía nunha iniciativa conxunta coa Escola Superior de Deseño Pablo Picasso

A alcaldesa, Inés Rey, o xefe de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e varios representantes da Policía Local de Tráfico recibiron no Pazo de María Pita a gañadora do concurso que escollía este ano o cartel para a sección de Tráfico do corpo municipal de Policía, Patricia Rodríguez Dorado, estudande da Escola Superior de Deseño Pablo Picasso.

Entre os máis de 20 carteis que o alumnado da escola de deseño herculina presentou, o cartel de Patricia foi o elixido: "a súa temática, contido e, sobre todo, o seu deseño innovador foi o que máis gustou", asegurou Rey. A peza, un tríptico, abarca nun formato único a actuación, educación e intervención en materia de tráfico.

Non é a primeira vez que a Policía Local de Tráfico colabora coa Escola Pablo Picasso, pero si a primeira colaboración para o deseño de materiais gráficos coma o cartel da sección de Tráfico. Desde o Concello agardamos que esta innovadora iniciativa, pensada desde un inicio polo corpo municipal de Policía, siga a repetirse nos vindeiros anos e así manter o apego coas escolas artísticas da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión