Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "'O Espírito das Maceiras" de Silvia Tasende

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/01/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 19 de xaneiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación da novela "O Espírito das Maceiras", de Silvia Tasende, publicado por Medulia Editorial.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

EXTRACTO:

Estrela Aboi está pensando en vender a casa familiar, un paraíso latexante cheo de vivencias iniciáticas. Unha novela coral na que Morriña, a aldea familiar e máxica, é protagonista xunto cunha serie de personaxes entrañables.

Mais é posíbel poñerlle prezo ao primeiro amor, á memoria, á infancia; ás raíces?

O espírito das maceiras é, en esencia, un libro de amor escrito cos temas propios da condición humana: o camiño entre a infancia e a madurez, a procura da identidade, a consecución dos soños, o legado familiar e o compromiso coa nosa contorna.

SILVIA TASENDE COTELO:

Nacida en Carballo (A Coruña), é xornalista licenciada pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Ao longo da súa carreira, desenvolveu contidos para a radio e a prensa, ademais de traballar en diversas empresas nas áreas de Comunicación e Marketing, especialmente en sectores como a Moda, o Cine e a Arte. Tamén exerce como profesora de Educación Secundaria de Lingua Castelá e Literatura. Pódese seguir o seu traballo e reflexións a través do seu blog ladytasende.com.

Acceso libre até completar capacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión