Inclúese neste apartado calquera solicitude de vertedura de residuos urbanos ou asimilables, que polas súas características non se poida realizar directamente nos colectores de recollida ou nos puntos limpos. A solicitude de vertedura sométese a informe dos servizos técnicos da Área de Medio Ambiente, que deciden a procedencia ou non da solicitude. O permiso outórgase mediante providencia da alcaldía. A dita autorización ponse en coñecemento da empresa concesionaria da planta.
Teléfono de contacto: 981 184 315.
Preséntase en calquera dos rexistros municipais:
Rúa Real 1. 15001 La Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible