Concello da Coruña

Concello da Coruña

En moto

Conducir unha motocicleta é divertido, emocionante, dáche unha sensación de liberdade indescritible e é un medio de transporte económico e rápido, pero tamén sabemos que é un medio inseguro, pois a diferenza dun coche, a carrocería da motocicleta é mínima, polo que un impacto nun accidente será recibido practicamente na súa totalidade pola persoa condutora e/ou o/a pasaxeiro/a, e isto sen contar con algunha caída.

EQUIPO DE PROTECCIÓN

A persoa motociclista vai tan exposta que é necesario que leve un equipo de protección; pensa nel como se fose unha especie de armadura protectora que te coidará e defenderá dos golpes que poidas recibir. Este equipo pode variar dependendo do tipo de motocicleta que conduzas así como a actividade ou deporte que desempeñes (non é o mesmo equipo para unha competición de motocrós que para ir ao cinema no teu scooter). De calquera xeito, o equipo mínimo de protección consta de casco, cazadora e luvas. As persoas que utilizan motocicletas de gran cilindrada optan por utilizar tamén un pantalón protector e botas de motociclismo.

FAITE VISIBLE

1. Usa unha moto de cores brillantes

Pode parecer unha obviedade, e éo, non obstante moitas persoas non teñen este detalle en conta á hora de escoller a moto, é máis, nunha gran parte dos casos, os fabricantes ofrecen as súas motos en cores que facilmente pasan desapercibidas, de día ou de noite, e con todo non sobra a recomendación. Unha moto decorada con cores brillantes pode chamar a atención dunha persoa condutora distraído á hora de adiantar ou de saír a unha intersección de vías. Non obstante, como adoita suceder, a lóxica non vai da man coa práctica, e por iso é tan común ver tantas motos negras, grises, con cores mate que non se fan ver pero locen divinas neses tons.

2. Usa pezas de alta visibilidade

Ata hai relativamente pouco tempo era absolutamente descoñecido o tema das pezas de alta visibilidade para motociclistas, hoxe día converteuse en tendencia. Cada día é máis común atopar ofertas de produtos, desde cascos, chaquetas, luvas ata impermeables, elaborados co amarelo ou o laranxa fluorescentes que son os que máis se asocian a situacións de perigo.

3. Permanece lonxe dos puntos cegos

Un punto cego é toda aquela área, cara atrás do vehículo, que non é cuberta polos espellos retrovisores, adicionalmente os puntos cegos son distintos en cada vehículo, unha moto con espellos grandes ten menos áreas cegas que unha con espellos pequenos, un camión ten puntos cegos distintos aos dun turismo etc. A regra xeral di da seguinte maneira:" Se no retrovisor do vehículo que che precede lle ves a cara á persoa condutora, a dita persoa condutora pódete ver tamén. Se non, non existes."

4. Usa as luces

Unha moto, por grande que sexa, é un vehículo pequeno en relación ao espazo que ocupa. Non é fácil de ver cando paras na intersección buscando vehículos que se dirixan cara a ti. Se a isto lle sumas o ir coas luces apagadas o resultado é, unha vez máis, que non existes para os demais. O rodar coas luces acesas todo o tempo, de día e obviamente de noite, incrementa "o risco de ser vistos".

5. Usa reflectores

Sen chegar a extremos de personalización nin cousa polo estilo, unhas poucas cintas reflectoras estratexicamente situadas aumentarán considerablemente as posibilidades de que ti e a túa moto sexan vistos, particularmente ao ser iluminados lateralmente por outro vehículo.

PRÉSTALLE MOITA ATENCIÓN Á ESTRADA

O asfalto presenta moitos retos e desafíos para as motocicletas, debido a que unha motocicleta fai menos contacto co asfalto que un coche. Area, follas de árbore molladas ou pedras pequenas poden xerar que a moto patine inesperadamente; unha pequena fochanca á que non lle prestas atención nun coche pode causar unha caída nunha motocicleta. Sempre se debe estar alerta.

EVITA O MAL TEMPO

Os climas extremos poden ser sumamente perigosos para o/a motociclista. O exceso de calor combinada co casco cerrado pode facer que te desmaies, a choiva fai o pavimento esvaradío, o vento extremo pódete tirar e a néboa impídeche ver. Se o clima cambia de maneira inesperada o máis recomendable é deter a marcha e esperar a que o clima mellore.

 

As EMOCIÓNS EXTREMAS SON PARA O CIRCUÍTO

As acrobacias en motocicleta son atractivas e emocionantes, pero estas deben ser realizadas unicamente en ambientes controlados. Realizalas na rúa ou na estrada constitúe un risco enorme para a persoa motociclista e todos os que o rodean.

 

Guía para persoas usuarias de motocicletas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión