Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sae a flote

As inundacións prodúcense especialmente en zonas onde conflúen torrentes, ríos, e mesmo en redes de sumidoiros de zonas urbanas. Antes de que chegue un período de choivas é importante prepararse para unha posible emerxencia tomando unha serie de medidas que axudarán a paliar os efectos deste tipo de riscos. No caso de que a inundación se produza, débese manter a calma.

  • En caso de inundacións, mantéñase á escoita das emisoras locais de radio e televisión.
  • Se está na rúa ou na montaña, localice os puntos máis altos e vaia cara a eles. Afástese das bases dos outeiros para non verse atrapado pola auga que cae polas ladeiras, xa que adoita arrastrar barro e pedras.
  • Evite viaxar en coche. Non cruce vaos de curso de auga.
  • Preste atención aos corrementos de terra, fochas, sumidoiros, e en xeral, a todos os obxectos caídos.
  • Prepárese para abandonar a súa vivenda e acudir ao lugar preestablecido se considera que a súa vivenda está en perigo ou se así o ordenan as autoridades competentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión