Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de maio de 2020

A Policía Local publica unha instrución sobre o regulamento do coidado e recolección dos hortos de autoconsumo

Por regra xeral as persoas propietarias de hortos poden desprazarse desde onte dentro do termo municipal ou ao municipio adxacente para coidar destes terreos, de forma individual e para actividades de autoconsumo

A Xefatura da Policía Local publica unha instrución na que se explica a normativa do Estado de Alarma que entrou onte en vigor sobre a regulación dos desprazamentos para o coidado e recolección dos hortos, sempre e cando non se trate de actividades de natureza laboral, profesional ou empresarias, é dicir, para o autoconsumo.

No documento redactado polo xefe da Policía Local infórmase dos límites nos desprazamentos, que por regra xeral quedan autorizados sempre a cando se realicen no mesmo termo municipal ao do domicilio, ou no municipio adxacente a este. Este requisito de proximidade conta con varias excepcións de necesidade, como serían o coidado e a alimentación de animais e o coidado e recolección de hortos de autoconsumo naqueles casos nos que o consumo dos produtos do devantido horto resulte imprescindible para atender a súa subsistencia. Esta última excepción, indican, deberá ser acreditada polo titular do horto por calquera dos medios legais admitidos.

A instrución tamén detalla que estes desprazamentos deberán ser os mínimos posibles e que sempre se deben realizar de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada.

Documentos:

INSTRUCCION-34.2020.pdf (277 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión