Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de control de drogas e alcohol

Do 11 ao 17 de decembro de 2023

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/12/2023 ata o 17/12/2023

Xa rematou

Segundo os datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes na estrada en Europa están relacionadas co alcol, mentres que, aproximadamente, só o 1% do total de quilómetros percorridos son conducidos por persoas con 0,5 g/l de alcol no sangue ou máis.

A medida que a concentración de alcol no sangue (BAC) aumenta nas persoas condutoras, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa. O aumento da taxa de incidencia de accidentes que se deriva dun aumento da taxa de alcoholemia é progresivo. En comparación cunha persoa condutora sobria, a taxa de incidencia de accidente dunha persoa condutora cunha taxa de alcoholemia de 0,8 g/l (sendo este o límite legal en 3 dos 25 estados membros da UE, en España é 0,3 g/l), é 2,7 veces maior que a dunha persoa condutora sobria. Cando unha persoa condutora ten unha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a súa taxa de incidencia de accidente estímase que é 22 veces maior que a dunha persoa condutora sobria.

Non só a taxa de incidencia de accidentes aumenta rapidamente co aumento da taxa de alcoholemia, o accidente tamén se volve máis grave. Cunha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a taxa de incidencia de accidentes de gravidade mortal é aproximadamente 200 veces maior que cando se trata de condutoras/es que non inxeriron alcol.

A Estratexia de Seguridade Viaria establece como un dos seus trece indicadores o seguinte:

· Baixar do 1% os positivos de alcoholemia nos controis preventivos aleatorios.

Unha das intervencións que se deseñaron para combater a inxesta de alcol e drogas durante a condución é a planificación de controis.

A principal razón da posta en marcha desta nova campaña de vixilancia e control, que se levará a cabo entre os días 11 e 17 de decembro, á marxe dos datos de persoas falecidas, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento da cidadanía sobre esta materia.

EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN

EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN (g/l de alcol en sangue)

De 0,3 ata 0,5g/l

(Inicio zona de risco)

De 0,5 a 0,8g/l

(Zona de alarma)

De 0,8 a 1,5g/l

(Condución perigosa)

De 1,5 a 2,5g/l

(Condución altamente perigosa)

Aumento tempo de reacción

Peor percepción de distancia

Graves problemas de percepción

Graves problemas de percepción, de atención, de control e coordinación

Subestímase a velocidade

Problemas de visión

Grandes problemas de atención e coordinación

Problemas de coordinación

Incremento da somnolencia

· De 0,3 a 0,5 g/l: Excitabilidade emocional, diminución da agudeza mental e da capacidade de xuízo.

O risco de sufrir un accidente multiplícase por 2.

· De 0,5 a 0,8 g/l: Reacción xeral máis lenta, alteracións nos reflexos, comezo da perturbación motriz, euforia na persoa condutora, distensión e benestar, tendencia á inhibición emocional, comezo da impulsividade e agresividade ao volante.

O risco de sufrir un accidente multiplícase por 5.

· De 0,8 a 1,5 g/l.: Estado de embriaguez importante, reflexos moi perturbados, perda do control preciso dos movementos, problemas serios de coordinación, dificultades de concentración da vista, diminución notable da vixilancia e percepción do risco.

O risco de sufrir un accidente multiplícase por 9.

· De 1,5 a 2,5 g/l: o risco de sufrir un accidente multiplícase por 15.

Desde hai dous anos estableceuse unha colaboración co Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses (INTCF) e os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses (IML) de Murcia e Galicia, cun dobre obxectivo: por unha banda, homoxeneizar as definicións de persoa falecida en accidente de tráfico, así como os criterios de exclusión (suicidio, enfermidade, homicidio); por outro, realizar unha conexión da base de datos do Rexistro Nacional de Vítimas de Accidentes de Tráfico (RNVAT), que contén información detallada das persoas, vehículos, infraestrutura e contorna, coas bases do INTCF e os IML, que conteñen os resultados das probas de alcol e drogas realizadas sobre as mostras tomadas ás persoas condutoras falecidas. Esta colaboración permitiu enriquecer significativamente a cantidade e calidade da información dispoñible sobre o papel do consumo de alcol e drogas na ocorrencia de accidentes.

Lesividade

Total de persoas condutoras

Condutoras/es con proba

% de condutoras/es con proba

Condutoras/es con proba positiva

Porcentaxe positiva de alcoholemia

Persoas falecidas

781

571

73% (73%)

139

24% (25%)

Feridas/os hospitalizadas/os

2.589

840

32% (26%)

91

11% (12%)

Feridas/os non hospitalizadas/os

23.788

15.394

65% (62%)

999

6% (7%)

Sen asistencia sanitaria

18.468

15.808

86% (85%)

637

4% (5%)

Sen clasificar

521

213

41% (37%)

2

1% (3%)

Total

46.147

32.826

71% (68%)

1.868

6% (6%)

Resultados das probas de alcoholemia en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías interurbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñado e entre paréntese.

En vías urbanas, 74.086 condutoras/es estiveron implicadas/os en accidentes con vítimas e realizóuselles a proba de alcol ao 14% delas/es.

A porcentaxe de probas dispoñibles no caso de condutoras/es falecidas/os é dun 64%.

No caso das persoas non falecidas, disponse de probas nun 7% de feridas hospitalizadas, un 9% das feridas non hospitalizadas e un 19% de ilesas.

Lesividade

Total condutoras/es

Condutoras/es con proba

% de condutoras/es con proba

Condutoras/es con proba positiva

Porcentaxe positiva de alcoholemia

Persoas falecidas

174

112

64% (60%)

36

32% (37%)

Feridas/os hospitalizadas/os

2.010

145

7% (6%)

52

36% (37%)

Feridas/os non hospitalizadas/os

32.352

3.015

9% (10%)

553

18% (18%)

Sen asistencia sanitaria

38.207

7.248

19% (19%)

1.006

14% (13%)

Sen clasificar

1.343

102

13% (7%)

20

20% (24%)

Total

74.086

10.622

14% (14%)

1.667

16% (15%)

Resultados das probas de alcoholemia en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses.

Lesividade

Total condutoras/es falecidas/os

Condutoras/es falecidas/os con proba

% de condutoras/es falecidas/os con proba

Condutoras/es falecidas/os con proba positiva

Porcentaxe positiva de drogas

Vías interurbanas

781

569

73%

84

15%

Vías urbanas

174

114

66%

18

16%

Total

955

683

72%

102

15%

Resultados das probas de drogas en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías interurbanas e vías urbanas. Ano 2017

SUBSTANCIA

Condutoras/es falecidas/os1

Porcentaxe

Cocaína

48

47% (52%)

Opiáceo

4

4% (6%)

Anfetamina

4

4% (7%)

Cannabis

62

61% (52%)

Ketamina

1

1% (1%)

Condutoras/es con resultado positivo de drogas

102

100% (100%)

Substancias nas probas de drogas a condutoras/es con resultado positivo. Vías interurbanas e urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses

Con proba de alcol e/ou drogas realizada

Con proba positiva de alcol e/ou drogas

Porcentaxe positiva de alcol e/ou drogas

Condutoras/es falecidas/os

686

226

33% (34%)

Condutoras/es falecidas/os a quen se lle realizou a proba de alcol e/ou drogas e resultado destas. Vías interurbanas e urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses.

IDEAS DE FORZA:

- Aínda que nos creamos en pleno uso das nosas facultades físicas e mentais coa inxesta de alcol estamos a multiplicar o risco de sufrir un accidente.

- Hai que ser consecuente: trata de impedir que outras persoas que bebesen collan o coche. En todo caso, nunca subas ao coche con esa persoa.

- O alcol non só está relacionado cunha maior accidentalidade, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor relacionado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

- Aínda con taxas de alcoholemia dentro das marxes legais permitidas, o noso nivel de risco de accidente de tráfico pode verse incrementado. A única taxa segura é 0,0%.

NORMATIVA APLICABLE

A aposta da DXT por erradicar as persoas condutoras que se poñen ao volante tras inxerir algún tipo de sustancia psicoactiva é o que levou a este organismo a incrementar as sancións e poñer no punto de mira as reincidentes na Lei de seguridade viaria.

VIA ADMINISTRATIVA: a Lei de seguridade fixa as taxas máximas de alcol permitidas para as persoas condutoras. Así como a prohibición de conducir con presenza de drogas no organismo.

Taxas máximas do alcol permitidas para conducir:

CONDUTORAS/ES

LÍMITE EN SANGUE

LÍMITE EN AIRE EXPIRADO

XERAL

0'5 gr./l

0'25 mg/l

PROFESIONAIS

0'3 gr./l

0'15 mg/l

NOVEIS

0'3 gr./l

0'15 mg/l

VIA PENAL: o capítulo IV do Código Penal tipifica os delitos contra a seguridade do tráfico e establece as seguintes penas por conducir con exceso de alcol e baixo a influencia de drogas.

DELITO

PENAS

ALCOL

Taxas superiores a:

- 0.60 mg/l en aire

- 1,2 gr/l en sangue

Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito a conducir de un ata catro anos.

Negativa a someterse ás probas

Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos

DELITO

PENAS

DROGAS

Conducir baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas

Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito para conducir de un ata catro anos.

Negativa a someterse ás probas

Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos

SANCIÓNS:

Debido á importancia que este factor ten na sinistralidade viaria, a reforma da Lei de seguridade viaria deu un paso adiante, incrementando as sancións e poñendo as persoas reincidentes no punto de mira.

Para estas persoas condutoras, tomadas como tales aquelas que fosen sancionadas no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol, a sanción é de 1.000 € e a detracción de 6 puntos.

Esta mesma sanción e detracción de puntos aplícase tamén a aquelas persoas condutoras que circulen cunha taxa que supere o dobre da permitida.

Para os non reincidentes e para os que dean un taxa entre 0,25 e 0,50 mg/l a sanción é de 500 € e a detracción de 4 puntos.

No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo da persoa condutora, quedan excluídas as substancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.

ESTUDO DE LIÑA DIRECTA SOBRE "MITOS E FALSAS CRENZAS SOBRE OS CONTROIS DE ALCOHOLEMIA".

Co obxectivo de concienciar sobre o perigo de consumir alcol antes de conducir, pescudar que opinión e grao de coñecemento teñen as persoas condutoras sobre os controis de alcoholemia e desmitificar a existencia de trucos para enganar o alcoholímetro, Liña Directa Aseguradora elaborou, en colaboración con FESVIAL, este estudo.

Para a súa elaboración realizáronse entrevistas persoais a 1.256 persoas condutoras españolas - tanto de coche como de moto, ciclomotor e vehículos pesados con carnés tipo C e D- de toda España, con idades comprendidas entre os 15 e os 65 anos.

A enquisa realizouse durante 2 semanas (do 13 ao 27 de maio) e ten unha marxe de confianza do 97,2% e un erro mostral de +/- 2,8%.

Ademais das entrevistas, o informe inclúe unha proba empírica sobre o impacto ficticio que estes mitos teñen no organismo.

As principais conclusións que podemos extraer do estudo son as seguintes:

Algunhas persoas condutoras intentan alterar as probas de alcoholemia poñendo en práctica algúns trucos, que responden a unha serie de mitos e crenzas populares que anticipan que realizando este tipo de accións ou prácticas seremos capaces de enganar o etilómetro e librarnos, así, da sanción e a consecuente perda de puntos, o cal daría como resultado unha fórmula perfecta para pasar por encima da lei.

Nada disto funciona, cando se nos practica a proba de alcoholemia realizamos unha longa e continua espiración. Isto é debido a que a primeira porción de aire expirado durante a espiración é aire proveniente das vías respiratorias, polo que non estivo en contacto co sangue e a súa composición non variaría. Unha vez desprazado este volume, expélese o aire dos alvéolos. Este aire é o que sufriu verdadeiramente o intercambio de gases entre sangue e aire e é o valido para a proba, o que fai de todo punto imposible adulterar os resultados.

Durante moitos anos son moitas as afirmacións e prácticas que se foron formando en diferentes núcleos sociais. Algunhas perduran no tempo, xa que son adquiridas polas novas xeracións de mozas e mozos condutores.

Un terzo das persoas entrevistadas (30%) afirma crer que existen trucos que practican algunhas persoas condutoras para enganar os controis de alcoholemia e non dar positivo.

Entre os trucos máis citados destacan:

- Beber café /chupar ou inxerir

-Tomar caramelo/chicle

- Beber auga/tomar xeo

-Facer deporte/suar

-Tomar azucre

-Beber aceite

-Durmir un intre antes de conducir

-Tomar Almax

-Tomar pasta de dentes

-Beber leite

-Soprar amodo/soprar pouco

-etc...

Aínda que o estudo é concluínte en afirmar que ningún destes trucos resulta efectivo para burlar estes sistemas:

-8 millóns de condutoras/es cren poder enganar os controis de alcoholemia.

-Beber ou chupar grans de café é o truco máis coñecido.

-Case a metade das españolas e dos españois oíu falar destas trampas.

-Uns 2,6 millóns de condutoras/es utilizou estas prácticas para intentar non dar positivo.

-Case 3 millóns aproban o seu uso para burlar a proba de alcoholemia.

-2 de cada 3 persoas condutoras españolas non sabe o límite permitido de alcoholemia e o 94% descoñece o límite do delito.

-O 86% considera que os controis de alcoholemia son unha medida preventiva, o 84% entende que constitúe unha medida disuasoria, o 66% cre que os controis de alcoholemia son unha medida recadatoria.

Finalmente, despois de identificar os principais mitos mediante a enquisa, o estudo testou a súa efectividade real probándoos nun home de 75 quilos e nunha muller de 69 quilos, aos que se lles deu cervexa, viño e combinados (xenebra ou vodka con refresco) ata alcanzar a taxa máxima permitida (0,25 mg/l de aire expirado).

Ningún dos trucos do imaxinario colectivo que se testaron nas persoas condutoras resultou funcionar, o que debe contribuír a desterrar definitivamente a validez destas crenzas.

Idea forza:

- Non valen trucos nin estraños inventos para intentar saltar a norma.

ESTUDO DE PREVALENCIA DO CONSUMO DE SUSTANCIAS PSICOACTIVAS ELABORADO POLA DXT EN 2015 (EDAP'15, DXT, 2016)

O 12% de persoas españolas que conducen turismos consumiron algunha droga de comercio ilegal e/ou alcol, antes de conducir. Este é o dato xeral do estudo de prevalencia do consumo de sustancias psicoactivas elaborado pola DXT en 2015 (EDAP´15, DXT, 2016).

Outros datos relevantes do estudo (en base á determinación de sustancias en fluído oral realizada na vía pública, e confirmados en laboratorio), son:

  • Un 10% das persoas condutoras que circulan polas vías públicas en España, realizaron un consumo recente de drogas, con ou sen alcol.
  • Un 3% das persoas condutoras presentaron consumos recentes de alcol (por encima de 0,05 miligramos por litro de aire), con ou sen drogas.
  • Un 2% das persoas condutoras deron positivo ao test de alcol (>0,05 mg/l de aire expirado) sen consumir drogas.
  • Un 8,0% das persoas condutoras presentaron consumo recente de drogas sen tomar alcol.
  • As drogas máis consumidas entre das persoas condutoras continúa sendo o cannabis (7,5%), seguido da cocaína (4,7%). No 4% consumiron varias substancias.

O consumo combinado de distintas sustancias psicoactivas segue sendo un problema importante en España. Un 4% das persoas condutoras participantes no estudo EDAP'15 consumiran máis dunha sustancia antes de conducir.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/12/16 AO 18/12/16

ALCOL:

Total de probas realizadas: 174

Número total de resultado positivos: 15, dos cales:

-Número de positivos de persoas condutoras noveis: 2

-Número de positivos con infracción administrativa: 10

-Número de positivos con infracción penal: 3

DROGAS:

Número de probas realizadas: 8

Número de positivos: 3, dos cales:

-Un por cocaína + opiáceos

-Dous por anfetaminas + cannabis

Agrupación de Tráfico da Garda Civil

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

127.892

1.394

1,09%

Drogas

1.417

519

36,63%

345 concellos que participaron na campaña

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

53.377

1.203

2,25%

Drogas

1.105

206

18,64%

Campaña realizada no Concello da Coruña

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

174

15

8,62%

Drogas

8

3

37,5%

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 05/06/17 AO 11/06/17

ALCOL:

Total de probas realizadas: 286

Número total de resultado positivos: 6, dos cales:

-Número de positivos con infracción administrativa: 2

-Número de positivos con infracción penal: 4

-Dilixencias por negativa á proba de alcoholemia: 1

DROGAS:

Número de probas realizadas: 13

Número de positivos: 7, dos cales:

- Cocaína: 5

- Cannabis/THC: 1

- Opioides: 1

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/12/17 AO 17/12/17

- Controis estáticos realizados: 10

- Controlados: 1182 vehículos

- Probas de alcoholemia realizadas: 172

- Probas con resultado positivo en alcol: 1 (taxa de trámite administrativo)

- Probas de drogas realizadas: 9

- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 04/06/18 AO 10/06/18

- Controlados: 1745 vehículos

- Probas de alcoholemia realizadas: 149

- Probas con resultado positivo en alcol: 0

- Probas de drogas realizadas: 7

- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 03/06/19 AO 09/06/19

- Dispositivos de controis de alcoholemia e drogas realizados: 21

- Probas de alcoholemia e drogas realizadas: 101 (94 probas negativas e 7 positivas)

- Detalle probas de alcoholemia:

. Número de probas positivas: 4

. Infracción administrativa (taxa 0,25-0,60 mg./l.): 2

. Infracción penal (influencia ou taxa superior a 0,60 mg./l): 2

- Detalle probas de drogas mediante drogotest:

. Número de probas positivas: 3

. Infracción administrativa: 3

. Sustancias:

- Cocaína: 1

- THC (cannabis): 2

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 09/12/19 AO 15/12/19

- Probas de alcoholemia realizadas: 72

Número de probas positivas: 0

- Probas de drogas realizadas: 5

Número de probas positivas: 3

. Infracción administrativa: 3

. Sustancias:

- Cocaína: 2

- THC: 1

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 07/12/2020 AO 13/12/2020

- Probas de alcoholemia realizadas: 32

Número de probas positivas: 0

- Probas de drogas realizadas: 2

Número de probas positivas: 2

. Infracción administrativa: 2

. Substancias:

- Cocaína: 1

- THC: 1

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 16/06/2021 AO 22/06/2021

- Controis realizados: 11

- Vehículos controlados: 914

- Probas de alcoholemia realizadas: 171

- 0 positivos

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 02/08/2021 AO 08/08/2021

- Controis realizados: 11

- Vehículos controlados: 3570

- Probas de alcoholemia realizadas: 368

- Positivos en alcoholemia: 4 (3 vía administrativa e 1 vía penal)

- Probas de drogas realizadas: 17

- Positivos en drogas: 6 (1 en cocaína, 3 en THC e 2 en cocaína + THC).

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 05/12/2022 AO 11/12/2022

- Alcoholemias administrativas: 10

- Alcoholemias penais: 8

- Alcoholemias con persoas implicadas en accidente: 1

- Probas de drogas positivas: 3

- Dilixencias delito seguridade viaria (perda puntos, conducir sen permiso etc.): 3

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión