Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de febreiro de 2022

Estas serán as alteracións no tráfico polas celebracións do Entroido 2022 na cidade da Coruña

Consulta aquí as rúas onde se levarán a cabo cortes de tráfico e circulación durante os festexos, entre o venres 25 de febreiro e o mércores 2 de marzo

A dirección de área de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña prevé, no contexto das festas do Entroido 2022 que rematan o vindeiro mércores, día 2 de marzo, as seguintes alteracións no tráfico da cidade.

A maioría das incidencias previstas rexistraranse entre o martes 1 de marzo, de carácter festivo, e o mércores 2 de marzo, coincidindo estas datas con eventos como a Festa Choqueira da Torre e o Enterro da Sardiña.

As alteracións no tráfico previstas entre esta fin de semana e a vindeira semana son as seguintes, por día e horario (Dispositivo de tráfico controlado pola Policía Local. Máis información na conta de twitter da Policía Local de A Coruña: @Policia_Coruna):

Venres 25 de febreiro

  • HORA: De 10.00 a 11.00.

    • Corte dun carril durante vinte minutos na rúa de San Andrés, 36, fronte ao Círculo de Artesáns. Darase alternativa ao tráfico co apoio da Policía Local ao parar o camión no carril de circulación para descargar material polo Velorio da Sardiña.

  • HORA: De 13.15 a 13.45.

    • Corte parcial da rotonda da rúa da Torre coa rúa San Xoan, polo lado do estanco; corte do acceso á rúa San Xoan desde a praza de España; e corte do acceso á rúa Baltasar Pardal Vidal desde a praza das Atochas, para a colocación de lousas de inauguración polo Andar do Entroido. Os outros movementos de tráfico respectanse.

Sábado 26 de febreiro

  • HORA: Ás 12.00.

    • Adiántase o peche da rúa de San Andrés para a montaxe das carrozas do desfile.

  • HORA: De 17.30 a 19.00.

    • Corte total da praza de Santa Catalina - Cantóns - Avenida da Marina - Porta Real para a celebración do desfile de carrozas que entrarán na praza de María Pita. Mantense a parada interurbana de Entrexardíns e desviarase o transporte público da avenida da Marina pola avenida do Porto.

Martes 1 de marzo

  • HORA: Ás 10.00.

    • Ocúpase o cruzamento da rúa Curros Enríquez coa rúa da Torre desviándose o tráfico pola parada de taxis, que se suprime puntualmente, para a montaxe dun camión-escenario.

  • HORA: Das 16.00 do 01/03 ás 1.30 do 02/03.

    • Peche total da rúa da Torre, desde a rúa Miguel Servet, pola Festa Choqueira da Torre.

Mércores 2 de marzo

  • HORA: De 18.00 a 21.30.

    • Peche da rúa Concepción Arenal, polo responso final previo ao Enterro da Sardiña.

  • HORA: De 20.45 a 21.00.

    • Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polas rúas Concepción Arenal - Avenida de Hércules - Rúa da Torre - Campo da Leña.

  • HORA: De 21.00 a 21.30.

    • Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polo Campo da Leña - Rúa da Torre - Orillamar - Rúa Manuel García Canzobre - Glorieta de Durmideiras - Rúa Regata Cutty Sark - Praia de Santo Amaro.

Recorda que podes consultar, en directo, as alteracións ao tráfico rodado na cidade da Coruña a través da páxina web de Incidencias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión