21 de xullo de 2026
Os efectivos incorporaranse en prácticas á plantilla do corpo e reforzarán así a presenza policial na Coruña e no resto de Galicia
A alcaldesa, Inés Rey, particiopou hoxe en María Pita no acto de presentación dos novos axentes en prácticas que se incorporarán ao corpo da Policía Nacional en Galicia. Xunto á alcaldesa, estiveron presentes o delegado do Goberno, Pedro Blanco; o subdelegado do Goberno, Julio Abalde e o Xefe Superior da Policía Nacional, Pedro J. Carrasco.
No acto estiveron presentes os propios axentes, que permaneceron en formación no centro de praza. En total, serán 50 os efectivos que comezarán a desempeñar as súas funcións na provincia da Coruña, case a metade dos 108 que se distribuirán por Galicia. Parte deses efectivos desenvolverán tamén o seu traballo na cidade da Coruña. No seu discurso, a alcaldesa felicitou os axentes que encaran agora a última fase da súa formación co inicio do traballo sobre o terreo. "Confíasevos unha tarefa que deberedes honrar todos e cada un dos días da vosa vida profesional. Coidar e protexer aos cidadáns. Manternos a todos seguros e aplicar a autoridade con temperanza e determinación. A vosa é unha das máis difíciles profesións do noso tempo. Unha das máis fundamentais. Comezades agora o camiño do servidor público. É o camiño dos que antepoñen o todo ao particular", apuntou Rey.
Ademais, a rexedora tamén reivindicou a importancia da colaboración entre os corpos de seguridade locais e nacionais para manter a boa calidade dos servizos na Coruña e en toda Galicia. "O obxectivo último que temos que ter todas as administracións é remar nunha mesma dirección para alcanzar un futuro mellor para esta cidade e para toda Galicia. Sei que non estou soa nesta tarefa. Sei que todos e cada un dos axentes das nosas forzas e corpos de seguridade comparten comigo o desexo de traballar conxuntamente para mellorar a seguridade na nosa sociedade", subliñou.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible