Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2019

O Concello acoutará zonas dalgúns parques e xardíns da cidade polo temporal de vento

As condicións meteorolóxicas, que obrigan a decretar a alerta amarela na costa e na terra, afectaranlle tamén ao servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma

O Concello despregará este luns, 23 de setembro, un dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica, que alerta de fenómenos costeiros adversos no mar e refachos de vento na terra.

Desde as 12.00 horas os servizos de seguridade iniciarán o precintado dalgunhas zonas de parques e xardíns da cidade ante o temporal de vento e polo que hai decretada a alerta amarela. O peche destes espazos, que se manterá ata as 08.00 horas de mañá, 24 de setembro, afectaralles ao Campo de Marte, Torre de Hércules, Parque infantil das Xubias de Abaixo, Parque Carlos Casares, Durmideiras e Xardíns da Maestranza. Pecharase tamén a porta principal de acceso ao parque de Santa Margarida.

Segundo as predicións, os refachos de vento poderían acadar durante a xornada os 80 quilómetros por hora, e o vento pode chegar a forza 7 no mar. O Concello prevé que os fortes ventos que se esperan durante o día de hoxe causarán incidencias tamén no servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma, o que lle afecta sobre todo á recollida de papel e cartón e dos contedores soterrados.

O Goberno local pídelle á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión