Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de maio de 2025

O Concello celebra o Día da Policía Local cunha homenaxe a axentes do corpo e diversas actividades

A alcaldesa agradeceulle á Policía Local o seu traballo diario “en ocasións silencioso, discreto e invisible para moitas persoas, pero sen dúbida imprescindible” coa entrega de medallas e diplomas a máis de 40 axentes polo seu labor

A Coruña celebrou hoxe o  Día da Policía Local cunha xornada na que se homenaxeou a todas as persoas que integran este corpo esencial para a seguridade e a boa convivencia na cidade. A cerimonia institucional no Salón de Plenos estivo presidida pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que estivo acompañada por destacadas autoridades civís e militares, ademais de pola concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz.

O evento contou coa participación do presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz Castroverde; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo Piñeiro; e o delegado da defensa en Galicia, capitán de navío Jesús Ángel Paz Pena. Ademais estiveron presentes autoridades locais e representantes dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

A alcaldesa, durante o acto, destacou o traballo diario e o firme compromiso da Policía Local da Coruña coa cidadanía, definíndoa como "un piar fundamental de apoio para a nosa cidade".  Inés Rey quixo resaltar a vocación de servizo público que demostran as e os axentes municipais "cada día, cada tarde e cada noite saen ás rúas co compromiso inquebrantable de protexer e servir a cidadanía da Coruña".

Durante o acto, entregáronse varias distincións a axentes da Policía Local pola súa traxectoria. Foron homenaxeados/as os/as axentes con 20, 30 e 35 anos de servizo, así como xubilados/as no ano 2024, nomeados/as coa distinción de funcionario honorífico. Tamén se entregaron recoñecementos por traxectoria exemplar e por actos de mérito, ademais de felicitacións públicas a membros doutras forzas e corpos de seguridade, que colaboran activamente coa Policía Local da Coruña.

A alcaldesa dedicoulle unhas palabras a José Antonio Brandariz Castelo, quen dirixiu o corpo municipal durante os últimos 13 anos e a quen lle agradeceu "o seu compromiso, responsabilidade e liderado". Tamén lle deu a benvida a José Manuel Rico, o novo xefe da Policía Local, e destacou a súa ampla experiencia e o coñecemento da cidade.

Ademais do acto institucional o Día da Policía Local celebrouse na praza con diversas actividades e unha exposición tanto de medios e vehículos como de diversos obxectos relacionados coa actividade policial.

Listaxe de premiados

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 20 anos:

Inspector Principal D. Juan Puente Rapela.

Policía D. Pablo Cao Otero.

Policía D. Oscar Guirado Carabel.

Policía D. Francisco Monroy Camafreita.

Policía D. Antonio Muinelo Raso.

Policía D. José Angel Pardo Vidal.

Policía Dona Dolores Pérez Veira.

Policía D. Pablo Rabina Simón.

Policía D. Roberto Sánchez Ramos.

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 30 anos:

Inspector D. José Abel Patiño García.

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 35 anos:

Inspector D. Isidro López Muinelo.

Oficial D. José Antonio Seoane Bayolo.

Policía D. Antonio Manuel García Barbeito.

Homenaxe aos policías locais xubilados no ano 2024, coa distinción de funcionarios policiais honoríficos.

Oficial Dona Alejandra Patricia Couto Antelo.

Policía Dona María del Carmen Ameijide Ferreiro.

Policía D. Luis Calviño Morla.

Policía D. José Domingo Concheiro Teijido.

Policía Dona María del Carmen Iglesias Rasser.

Policía D. José Antonio Juárez Carrera.

Policía D. Jesús Mosteiro Otero.

Policía D. José Manuel Penas Pérez.

Policía D. Carlos Prieto Fontenla.

Policía D. Antonio Pedro Quintas Rumbo.

Policía D. Carlos Rodríguez Vilabrille.

Policía D. Manuel Sandá Sánchez.

Policía D. Miguel Angel Sánchez Longueira.

Policía D. José Vidal Pardo.

Medalla e diploma de felicitacións públicas

D. Alberto Arias Alvarez. Inspector. Delegado de participación cidadá da Brigada Provincial de Seguridade Cidadán da Policía Nacional na Coruña

Dª Manuel Sánchez Enjamio. Inspector-Xefe do Grupo de Prevención e Reacción da Brigada Provincial de Seguridade Cidadán da Policía Nacional na Coruña.

D. Diego García Castro. Inspector Xefe. Xefe do Servicio da Unidade de Coordinación Operativa territorial e responsable do Gabinete Técnico da Policía Nacional

D. José Angel Corral Segade. Comandante. Xefe do subsector da Agrupación de Tráfico da Guardia Civil na Coruña.

D. Alejandro Maceiras Bastida. Inspector Xefe-Xefe Provincial na Coruña da  Unidade de Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

D. Miguel Angel González Arias. Xeneral Xefe da XV Zona de la Guardia Civil (Galicia).

Medalla e diploma pola traxectoria profesional exemplar, a axentes do corpo da Policía Local da Coruña

Policía D. Abel Rodríguez López

Policía D. Juan Brea Asorey

Policía D.  Carlos Sanjurjo Lorenzo

Oficial D. Iván Ramos Cadierno

Superintendente D. José Antonio Brandariz Castelo

Medalla e diploma ao mérito policial con distintivo vermello, a axentes do corpo da Policía Local da Coruña

D. Antonio Pedro Vilar Perón, Técnico Medio de Bioloxía Mariña do Concello da Coruña

Inspector D. Rubén Álvarez Hermida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión