30 de setembro de 2025
O Plan de Emerxencia Municipal contará cun sistema de última xeración para conectar aos distintos equipos de emerxencias e seguridade da cidade
O Concello da Coruña licita a elaboración do novo Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) co obxectivo de actualizar os protocolos de emerxencias establecidos e adaptalos ás novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficacia na súa implantación.
"Cumplimos deste xeito co compromiso da nosa alcaldesa, Inés Rey, e actualizamos o PEMU para poder dar unha atención directa eficaz e áxil á cidadanía en diferentes situacións", indicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz. A elaboración deste plan por parte dunha asesoría especializada terá un orzamento de 60.000 euros.
O novo Plan de Emerxencia Municipal contará un sistema común de última xeración que permitirá a interconexión dos distintos equipos de emerxencias e seguridade da cidade, así como outros servizos municipais, co obxectivo de dar unha resposta máis rápida e precisa ante calquera situación. Tamén se actualizarán os protocolos actuais para adaptalos a calquera tipo de circunstancia e aos distintos niveis de emerxencias que se poidan establecer na cidade. Por outra banda, o PEMU buscará que haxa unha mellor coordinación entre administracións.
Que é o PEMU
O PEMU é un documento de carácter técnico que recolle un conxunto de normas, medios dispoñibles, persoas e procedementos de actuación que deben ser a guía de resposta do Concello ás situacións de emerxencia que se poidan producir no mesmo. Neste sentido, son obxectivos esenciais do Plan de Emerxencia Municipal os seguintes:
O novo PEMU terá dúas vertentes, unha preventiva e de autoprotección, e outra claramente operativa, coas que se perseguen os seguintes obxectivos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible