Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

14 de xaneiro de 2021

O Concello ordena sacar das súas casas as veciñas e os veciños dos edificios afectados pola derruba do muro de contención na rúa Rey Abdullah

Varias unidades policiais e de Bombeiros, así como a xefa de Urbanismo e o técnico municipal de Ruínas, desprazáronse á zona para deixaren constancia do acontecido e prestaren toda a colaboración necesaria para salvagardar a seguridade da veciñanza

O Concello ordena sacar das súas casas as veciñas e os veciños dos edificios afectados pola derruba do muro de contención na rúa Rey Abdullah. Varias unidades policiais e de Bombeiros, así como a xefa de Urbanismo e o técnico municipal de Ruínas, desprazáronse á zona a primeira hora da mañá para deixaren constancia do acontecido e prestaren toda a colaboración necesaria para salvagardar a seguridade da veciñanza. O persoal municipal de Urbanismo considerou necesario, aínda que non urxente, recolocar as persoas usuarias dos ditos inmobles lindeiros. Así, o servizo da Concellería de Urbanismo sinalou que están en permanente contacto coa empresa construtora e á disposición das comunidades de veciñas/os afectadas.

Segundo a empresa promotora, trátase dunha incidencia puntual debido ao colapso da ancoraxe executada nese tramo do muro por causas meteorolóxicas adversas dos últimos días, en concreto da auga acumulada no subsolo polas fortes chuvias das anteriores semanas. A empresa construtora informou o Concello de que xa está tomando desde esta mañá medidas correctivas para solucionar esta incidencia e recolocou de inmediato de xeito temporal as veciñas e veciños que residen nas 34 vivendas lindeiras, nun hotel da cidade. Aseguran que non hai risco inminente de derriba dos edificios mais, pola seguridade da veciñanza, ofreceranlles esta hospedaxe cando menos durante as dúas ou tres semanas que se prevé que duren as obras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión