Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de xaneiro de 2020

O Concello prepara unha instrución para regular de maneira provisional o uso dos vehículos de mobilidade persoal

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, levará á próxima semana á Mesa pola Mobilidade un borrador coas medidas que se están estudando e non descarta instalar máis cámaras de videovixilancia noutras vías da cidade dentro da campaña contra a dobre fila. O edil anunciou durante a presentación do primeiro taxi eléctrico de Galicia a intención do Goberno local de habilitar puntos de recarga rápida para este tipo de vehículos.

O edil de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, confirmou hoxe que o Concello prepara unha instrución para regular de maneira provisional o uso dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) na cidade. O borrador, que lles será presentado aos integrantes da Mesa pola Mobilidade a próxima semana, forma parte dunha serie de medidas deseñadas pola concellería para "transformar a mobilidade na nosa cidade" explicou  Villoslada. A mellora da mobilidade, recalcou, é un "tema urxente e inaprazable pero que necesita un consenso entre todos os axentes implicados".

Trátase, explicou o concelleiro, de dispor de medidas reguladoras á espera de que o Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de Tráfico, aborde a modificación do regulamento xeral de uso destes vehículos. Por agora, segundo esta norma, na Coruña os patinetes eléctricos só poden circular pola calzada. Para o edil, regular o seu uso é complexo non xa polo lugar polo que deben circular, senón polos distintos tipos que existen.

Ademais, o plan de traballo que a Mesa ten previsto desenvolver inclúe melloras na seguridade viaria, a accesibilidade universal coa humanización das vías da cidade, a sustentabilidade e o medio, a reordenación das liñas de autobús, a problemática do transporte, as vías ciclables, a necesidade dunha nova ordenanza de mobilidade, a perspectiva de xénero na mobilidade, así como a xestión da circulación e o estacionamento.

Esta última medida inclúe a posibilidade de instalar novas cámaras de videovixilancia noutras vías da cidade co fin de erradicar a dobre fila dentro da campaña posta en marcha polo Concello.

Villoslada fixo estas declaracións durante a presentación na estación de autobuses do primeiro taxi eléctrico de Galicia. O edil asegurou que a intención do Goberno local é habilitar puntos de recarga eléctrica rápida para este tipo de vehículos. "Estamos a estudar as distintas alternativas, modelos e localizacións para que non interrompan a circulación". Para iso, o responsable do Concello mantivo varias reunións co sector do taxi para "facilitar a incorporación do coche eléctrico, xa que é moito máis eficiente en termos ambientais".

Canto a posibles localizacións non se descarta, explicou o concelleiro, a estación de autobuses. Neste sentido, lembrou que o Concello dispón dalgúns puntos de recarga que se instalaron hai uns anos e que agora "se reactivarán". "Somos conscientes da necesidade de contar, máis aló do ámbito privado, con puntos de recarga que sexan útiles ao conxunto da cidadanía e a moitos turistas que visitan A Coruña", dixo. Ademais, incrementaranse as subvencións nos orzamentos para 2020 para que o sector do taxi poida renovar o parque móbil que "supera o 50% en coches híbridos".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión