22 de setembro de 2023
O Goberno de Inés Rey completa así o proceso de saída a contratación dos 17 proxectos de melloras urbanísticas que, a finais de abril, obtiveron financiación estatal na segunda convocatoria de fondos Next Generation
Os paneis, que terán un sistema de control automático do brillo, situaranse na contorna de pasos de cebra non semaforizados. Disporanse, a maiores, outras 20 sinais retroiluminadas con luces led, conectadas a báculos semafóricos
O Concello da Coruña vén de licitar o contrato de subministro e instalación da nova sinalización vertical que permitirá reforzar a seguridade viaria nos pasos peonís dos barrios da cidade. Trátase dunha das 17 iniciativas municipais que, a finais de abril, acadaron financiación europea a través da segunda convocatoria de fondos Next Generation.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible