Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de novembro de 2020

Protección Civil impulsa unha campaña de recollida de alimentos para o Nadal

A iniciativa solidaria desenvolverase até o 18 de decembro

O Concello, a proposta das e dos voluntarios da Agrupación de  Protección Civil, impulsa unha campaña de  recollida de alimentos, a través de doazóns particulares e de empresas, comunidades veciñais, asociacións e calquera entidade ou asociación que queira realizar unha achega.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil encargarase de recoller os alimentos nas propias empresas, sedes de entidades e edificios para trasladalos ao Banco de Alimentos.

Calquera colectivo, empresa ou entidade que queira facer unha doazón, pode reunir os alimentos e chamar aos teléfonos 649 456 389, 630 885 285 e 630 601 248 para concertar unha cita. Nese momento, as e os voluntarios de Protección Civil pasarán a recoller a mercadoría e levarana ao Banco de Alimentos.

Desta maneira preténdese garantir a continuidade da campaña de recollida de alimentos, reducindo o contacto e cumprindo con garantías as medidas de seguridade sanitarias.

A área de Seguridade Cidadá, que xa colaborou durante o confinamento na repartición de alimentos a través de Protección Civil, é sensible ante a grave situación pola que están pasando moitas familias coruñesas, e por iso deseñou esta alternativa para paliar o problema da recollida de comida, ofrecéndose a facer pequenos traslados "solidarios" ao Banco de Alimentos.

O Goberno local é consciente de que a crise económica e social derivada da pandemia está provocando unha situación de empobrecemento de moita xente, o que leva a que moitas persoas e familias se atopen con dificultades para conseguir alimentos. Con esta iniciativa preténdese minimizar esta situación. Así, as e os voluntarios achegaranse a recoller os alimentos doados a centros de traballo, comunidades de veciños, centros docentes (AMPAS), establecementos comerciais, mercados e supermercados así como noutros posibles locais, que poidan estaren abertos, en que se poidan entregar as doazóns para que sexan recollidas por Protección Civil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión