Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de xuño de 2020

Un equipo de 50 socorristas traballa desde hoxe nas praias co fin de lle garantir seguridade á cidadanía

concello colocará paneis en distintos puntos da cidade para informar en tempo real sobre a capacidade dos areais.

Un equipo de 50 socorristas traballa desde hoxe nas praias da cidade con distintivo azul co fin de lle garantir seguridade á cidadanía. Por outra banda, esta mañá comezaron os preparativos para instalar o sistema de control de capacidade nos areais que permitirá coñecer a tempo real a ocupación de todo o litoral. Con esta medida, que entra dentro do novo plan de seguridade e continxencia, o concello tratará de evitar aglomeracións e asegurar a distancia social imposta de cara a evitar os contaxios. Se ben o mal tempo está dificultando a colocación do dispositivo xa que se ten que conectar á rede eléctrica, esperan poder poñelo en marcha para cando as condicións climatolóxicas favorezan a presenza das e dos veciños nas praias. 

O sistema consiste nuns arcos de grande amplitude que levan incorporados uns sensores de paso que contabilizan as persoas que entran e saen dos areais e que inclúen un semáforo que sinaliza o volume de xente en cada praia: a cor verde indica que hai espazo suficiente; ámbar, que a capacidade comeza a completarse; e vermello, que xa está completa.

Estes sensores están conectados a un software que ten rexistrada a capacidade exacta de cada praia ao longo do día dependendo das mareas. Deste xeito, pódese corrixir de maneira automática en función dos datos que se irán actualizando en tempo real.Instalaranse 14 puntos de control de accesos: catro, na praia de Riazor; catro, no Orzán; dous, en Matadoiro; un, nas Lapas; dous, en Santo Amaro e un máis, na praia de Oza. Estes sistemas permitirán coñecer en todo momento con precisión cantas persoas hai nas praias. Ademais, o concello informará da capacidade dos areais mediante uns paneis situados en distintos puntos da cidade e dunha web de Medio Ambiente, que se poderá consultar desde o móbil a través dun enlace sinxelo ou incluso cun código QR.O 092 coordinará todo o operativo desde o Centro de Mando que está instalado na Coiraza do Orzán. Este centro permanecerá  aberto todo o verán, con labores non só de coordinación e vixilancia,  senón  tamén de información e seguimento a través de dous dispositivos de megafonía. Toda a información sobre as normas nos areais, así como as posibles mensaxes de emerxencia que se emitan, comunicaranse en tres idiomas (galego, castelán e inglés). A megafonía tamén servirá para lembrar o peche de praias se for preciso ou se hai mareas vivas.

O concello tamén ten previsto poñer en marcha un servizo de "Guías informativos" para axudar a entender durante os primeiros días o sistema de acceso.

Nos areais levaranse a cabo labores de limpeza e desinfección das instalacións todos os días nas zonas comúns de aseos, accesos e pasarelas e disporán de carteis que informarán da obriga de manter a distancia social e de cumprir as normas de hixiene e de capacidade da praia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión