Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de xullo de 2020

O concello e Repsol colaboran na formación de persoal para emerxencias

A alcaldesa, Inés Rey, e o director da refinería, Javier Sancho, visitaron esta mañá o parque de bombeiros de Agrela

A alcaldesa, Inés Rey, e o director da refinería de Repsol, Javier Sancho visitaron esta mañá o parque de Bombeiros de  Agrela xunto ao director da área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e o subdirector de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade da refinería, José Antonio Cámara. A visita serviu para renovar o convenio de colaboración en materia de seguridade que ambas as entidades manteñen desde hai 29 anos co obxectivo de mellorar a preparación e a colaboración en actuacións de emerxencia. Este ano, como novidade, Repsol contribúe ao desenvolvemento do plan de formación específico para o persoal de Emerxencias do  Concello da Coruña que permitirá incrementar a preparación en emerxencias, algo que beneficiará  a toda a cidadanía e mellorará a seguridade.

A alcaldesa afirmou que este plan de formación, froito da colaboración entre as dúas entidades, "é o primeiro paso na especialización e mellora na formación dos bombeiros da cidade". Pola súa parte, o director da refinería, Javier Sancho, sinalou que o convenio demostra unha vez máis que un dos principais compromisos de Repsol coa súa contorna é a seguridade das persoas e instalacións.

A refinería conta cunha das dotacións de equipos e material de seguridade máis amplas en instalacións industriais de toda Europa e, pola súa banda, o parque de bombeiros integrado no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) dispón de 100 persoas profesionais especializadas en actuacións de emerxencia e salvamento e conta cos medios idóneos para facer fronte ás situacións deste tipo que poidan producirse dentro do municipio.

O convenio inclúe a realización conxunta de exercicios de carácter formativo para mellorar a eficacia en caso de intervención, afianzando a colaboración entre os equipos humanos; o coñecemento dos medios materiais dispoñibles e o intercambio de información sobre novos medios e técnicas especializadas, que se foron incorporando por ambas as partes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión