Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Imos ao cole

colexio

Á hora de levar os nenos ao cole, é importante seguir estes pequenos consellos, para garantir a seguridade dos máis pequenos da casa.

 

 

Educación Viaria-Proxecto Camiño Escolar

Transporte escolar-Ao cole sempre seguros

Guía Xeral de uso de Sistemas de Retención Infantil

 

CADEIRAS DE RETENCIÓN SEMPRE.

Os/as menores con altura igual ou inferior a 135cm deberán utilizar sempre un sistema de retención homologado e adaptado ao seu peso e estatura.

Non esquezas revisar se está ben suxeito unha vez que o/a menor estea acomodado/a.

 

NON LEVAR OBXECTOS SOLTOS.

Calquera freada ou xiro brusco pode supoñer unha desgraza.

Asegúrate de que os teus fillos ou fillas non leven obxectos soltos que poidan ser perigosos.

 

CINTO DE SEGURIDADE.

Imprescindible que leven posto (e ben posto) o cinto de seguridade en todo momento, por moito que se poidan queixar ao poñérllelo.

 

CONDUCIR CON PRECAUCIÓN.

Esta debería ser a primeira norma: moito coidado ao conducir.

Non fai nin falta dicir que é obvio para garantir a seguridade dos teus fillos e fillas.

 

SEMPRE SAÍR POLO LADO DA BEIRARRÚA.

Aínda que cheguen tarde ao colexio, a seguridade é o primeiro.

Moléstate en sacar os teus fillos/as polo lado da beirarrúa, no que seguro que non haberá ningún coche que faga perigar a súa seguridade.

 

APARCAR EN ZONAS HABILITADAS.

Ao fío co punto anterior, se aparcas en dobre fila ou, por exemplo, nunha zona para autobuses, os nenos e nenas poden correr algún perigo indesexado.

 

EXTREMAR A ATENCIÓN E RESPECTAR AS NORMAS.

Por moitas preocupacións que teñamos, a saúde e o benestar dos teus fillos/as require moita atención.

Non te despistes e respecta todas as normas de tráfico.

 

SAÍR CON TEMPO SUFICIENTE.

Ese é o mellor antídoto contra os imprevistos indesexados.

Con tempo, todo sae mellor. Cambia os teus hábitos e comeza a levar os teus fillos ou fillas 10 minutos antes do habitual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión