Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Non caias no descoido

Debuxo de escaladores escalando unha montaña.

Tanto se é campista, excursionista ou montañeiro lembre que debido ao medio en que se desenvolven as actividades e ao perigo destas, presenta unhas regas e que a imprudencia fai que poidan producirse accidentes. Nunca debe Vde. ir só. En caso de accidente ou perda procure non moverse do lugar elixido para a espera, actúe con serenidade; e notifíquelles o suceso aos grupos de emerxencia canto antes.

  • Se vai á montaña, infórmese sobre o percorrido e o tempo previsto e a predición meteorolóxica. Dígalles aos seus amigos a onde vai e nunca vaia só.
  • Vaia provisto da roupa e o material necesario. Nunca sobreestime as súas posibilidades.
  • No caso de que diminúa a visibilidade por néboa, non siga camiñando, permaneza quieto nun lugar fixo e seguro ata que desapareza.
  • Extreme o coidado para evitar provocar un incendio.
  • Non esqueza levar alimentos enerxéticos e beber auga a miúdo.
  • Coide a súa preparación física. O montañismo esixe estar en boa forma.
  • Para ir de acampada infórmese primeiro dos lugares permitidos e solicite os permisos correspondentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión