Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que non rebente a festa

As festas son un motivo de alegría e goce para toda unha comunidade. Ao entrar nun lugar de pública concorrencia, fixarémonos nas saídas de emerxencia. Evitar subirse a marquesiñas, balcóns, estadas etc. non usar material pirotécnico se non se é experto... son algunhas das recomendacións para que non se acabe a festa.

  • Festas e limpeza non teñen que estar rifados. Extreme o control sanitario nos alimentos e non ensucie as rúas.
  • Se vai conducir non beba alcol.
  • Se hai fogos artificiais, manteña a distancia de seguridade que lle indiquen.
  • Non leve nos petos material pirotécnico nin xogue con el.
  • Colabore e facilite o labor dos servizos de seguridade (policía municipal, nacional, bombeiros, protección civil etc.) e siga as súas instrucións.
  • En caso de evacuación ou accidente, manteña a calma, camiñe rápido pero sen correr e non se deteña diante de portas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión