Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
As inundacións prodúcense especialmente en zonas onde conflúen torrentes, ríos, e mesmo en redes de sumidoiros de zonas urbanas. Antes de que chegue un período de choivas é importante prepararse para unha posible emerxencia tomando unha serie de medidas que axudarán a paliar os efectos deste tipo de riscos. No caso de que a inundación se produza, débese manter a calma.
En caso de inundacións, mantéñase á escoita das emisoras locais de radio e televisión.
Se está na rúa ou na montaña, localice os puntos máis altos e vaia cara a eles. Afástese das bases dos outeiros para non verse atrapado pola auga que cae polas ladeiras, xa que adoita arrastrar barro e pedras.
Evite viaxar en coche. Non cruce vaos de curso de auga.
Preste atención aos corrementos de terra, fochas, sumidoiros, e en xeral, a todos os obxectos caídos.
Prepárese para abandonar a súa vivenda e acudir ao lugar preestablecido se considera que a súa vivenda está en perigo ou se así o ordenan as autoridades competentes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible