Con motivo do Día das Letras e co fin de promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2016, este ano conformado por un concerto de Guadi Galego, do disco “Lúas de outubro e agosto”.
Para público en xeral
14/05/2016
Xa rematou
21.00 h
75 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Con convite (MÁXIMO DOUS CONVITES POR PERSOA)
Os convites repartiranse (até esgotárense), ao coller libros en galego nas Bibliotecas Municipais (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar dunha actividade dirixida a público adulto) para os levar en préstamo. Comezaranse a repartir o luns 9 de maio, no horario de apertura de cada unha das Bibliotecas Municipais.
Guadi Galego, no ano 1997 entrou en Berrogüetto, onde estivo 10 anos exercendo como cantante e gaiteira, banda coa que acadou un gran recoñecemento internacional e gravou tres discos Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001), ambos moi ben recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos (entre eles o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha nominación aos Grammy Latinos na súa edición de 2002) e 10.0 (2006) onde acadou o segundo Premio Opinión de mellor disco galego do ano e nominación aos premios da Música co seu tema” Xente”.
En 2005, gravou Espido, con Guillerme Fernández, o seu proxecto máis íntimo e persoal, co que acadou o segundo premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano 2005. En 2006, editou Nordestin@s, xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira, onde acadaron tamén o Premio ao Mellor Disco Galego. Finalmente, saíu á luz en 2009 BENZÓN, o seu preimeiro proxecto en solitario, aclamado pola crítica galega e española, co que tamén obtivo o Premio ao Mellor Disco do ano e nominación aos Premios da Música.
En 2012, presentou aCadaCanto, proxecto intimista onde traballou unha vez máis con Guillerme e esta vez acompañada ademais por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón.
En 2014, editou Lúas de Outubro e Agosto, a súa nova aposta persoal con que comeza a xirar acompañada dunha nova formación. O éxito deste segundo traballo editado non sei fixo agardar: vendeu 3.000 copias en 3 meses.
Guadi Galego foi galardoada durante o 2015 co “Premio da Crítica de Galicia”, nominada aos “Premios da Música Independente” e galardoada co “Premio Bos e Xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible