Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos outono 2016

Poetas dende a Ucraína ata o Ecuador inauguran o oitavo ano consecutivo de Poetas di(n)versos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/10/2016 ata o 12/12/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

O ciclo de recitais poéticos promovido pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e dirixido pola tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño está no seu oitavo ano consecutivo. Por un curso máis dende 2009, o auditorio do Ágora será escenario para algunhas das mellores voces da poesía galega e mundial, que se darán cita cada mes en actos abertos e gratuítos.

Reunidos por parellas con algún fío condutor ou factor común, e presentados e conducidos pola coordinadora do proxecto, os seus versos soarán en lingua orixinal, aínda que irán seguidos de traducións ao galego no caso dos extranxeiros/as. Todas as lecturas terán lugar ás 20:30h do serán, editarase un folleto políptico cunha mostra dos seus traballos e unha libraría das que fornecen de poesía á cidade porá á venda exemplares dos seus libros.

POETAS DI(N)VERSOS segue a ser o único ciclo estable que -de xeito regular, neste caso mensualmente- acolle a poetas internacionais en toda España. Unha iniciativa pioneira en Galicia que mereceu o Premio da Crítica Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014. Máis dun cento de autoras e autores en linguas masivas e minoritarias se teñen dado cita ante un público capaz de cuestionar o carácter elitista da poesía. Poetas dende Australia ata o Xapón, dende Cuba ata a India, de Eslovenia a Singapur, de Siria ao Canadá, de Exipto ata Letonia, de Alxeria ata o Perú pasando por unha boa manchea de magníficas voces de noso. Un xeito de poñer en valor a literatura feita en galego e de abrir ben os ouvidos cara todo o que se está a producir lonxe de aquí, á par enriba do mesmo escenario.

 

Luns 24 de outubro

OSTAP SLYVYNSKY

RAFA VILLAR

Tanto esta cabeza visible da "Xeración dos 90" como a voz da nova poesía ucraína saben tratar o que acontece cunha delicadeza evocadora.

 

Luns 28 de novembro

EDWIN MADRID

MARGA DOVAL

A honestidade brutal de dous poetas que rexeitan toda máscara e impostura, xa dende o sur de Galicia xa dende o mesmo Ecuador.

 

Luns 12 de decembro

LAURA ACCERBONI

SILVIA PENAS

A máis potente revelación da poesía italiana a carón da xoia galega do Slam Poetry. Dúas performers cheas de forza e talento.

 

Nos actos, dunha duración por volta dunha hora, poderanse conseguir sinaturas dos convidados/as.

 

 

Programas culturais

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión