Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

En caso de temporal

temporal

En días de fenómenos meteorolóxicos adversos, con alertas por choiva e ventos fortes ou en caso de temporal marítimo, siga estas recomendacións.

Recomendacións en alertas por choiva e ventos fortes

Como medidas preventivas:

  • Peche e asegure portas, ventás e toldos.
  • Retire macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa.
  • Asegure andamiaxes, guindastres e outros elementos de obra.
  • Comprobe que non hai obstrucións en canalóns, sumidoiros de terrazas e rede de sumidoiros.

Se está á intemperie:

Afástese de cornixas, muros, árbores ou valos publicitarios e tome precaucións diante de edificios en construción ou en mal estado.

Se vai viaxar en vehículo:

  • Procure evitar os desprazamentos por estrada e en todo caso extreme as precaucións.
  • Reduza a velocidade a límites de seguridade (un golpe de vento pode desvialo/a da traxectoria).
  • Teña presente que a distancia de freado é meirande con choiva, polo que debe aumentar a distancia de seguridade co vehículo dianteiro.
  • As motos e os vehículos de grandes dimensións que ofrecen unha gran superficie de contacto co vento (camións, furgonetas, vehículos con remolque ou roulotte) corren o perigo de envorcar ante ventos transversais.
  • En caso de necesidade, párese nunha zona segura e espere a que amaine o vento.
  • Procure non circular xunto a arborizados, nin estacione o seu vehículo debaixo deles, tampouco estacione nas proximidades de muros, tapias ou valos.
  • Acenda as luces de cruzamento para ser visto mellor (para ver ben e para ser visto).
  • Comprobe o correcto funcionamento dos limpaparabrisas e da luneta térmica.
  • Comprobe periodicamente a eficacia dos freos e tóqueos suavemente para secar a humidade das pastillas de freo.
  • Free suavemente para evitar o esvaramento (aquaplaning).
  • Infórmese das condicións meteorolóxicas da zona á que se dirixe ou polas que vaia pasar.

Se se atopa en zonas marítimas:

  • Afástese da praia e de lugares que poidan ser afectados polas mareas e ondadas que se poidan xerar debido á intensidade de ventos fortes.
  • Evite a utilización de embarcacións e revise as súas amarras. En ningún caso practique deportes acuáticos.

Recomendacións en alertas por temporal marítimo

Como medidas preventivas:

  • Protexa a súa vivenda ante a posible invasión da auga do mar.
  • Non se sitúe no extremo de peiraos ou espigóns, nin se arrisque a sacar fotografías ou vídeos preto de onde rompen as ondas.
  • Evite a pesca en zonas de risco.
  • Non circule con vehículos por estradas próximas á liña de praia.
  • Nunca se bañe en praias apartadas ou que non coñeza suficientemente, porque pode haber remuíños locais.
  • Nunca se bañe nas praias con bandeira vermella, en zonas onde haxa forte ondada e resaca ou que carezan de servizos de vixilancia e salvamento.
  • Evite realizar prácticas deportivas e náuticas nas zonas afectadas polo mar de fondo e non acampe na praia cando haxa alerta por temporal de mar.
  • Se aprecia certa ondada fóra do normal non permaneza preto do mar, nin se achegue aínda que se acougue de súpeto.
  • Se dispón de embarcación procure asegurar o seu amarre nun lugar resgardado.
  • Se ve outras persoas en sitios perigosos advírtaos/as do perigo.
  • Se cae á auga apártese de onde rompen as ondas, pida auxilio e espere a que o/a rescaten.
  • Se intenta saír e é arrastrado pola ondada, procure tranquilizarse; non nade contracorrente e déixese levar. Polo xeral, as correntes costeiras perden intensidade noutros tramos e é entón cando debe nadar.
  • Se está en terra e ve que alguén caeu á auga tírelle un cabo cun flotador, ou calquera outro obxecto ao que se poida aferrar.

EN CASO DE EMERXENCIA, CHAME AO 112

Emerxencias Galicia 112

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión