Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Xardíns de Méndez Nuñez

Enderezo:

Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 184 346

Páxina web:

www.turismocoruna.es

Estes xardíns, situados no centro da Pescadería e adxacentes ás instalacións portuarias, acompañan o frontal dos Cantóns Pequeno e Grande.

Son uns dos xardíns máis antigos da cidade, datan de mediados do Século XIX, posúen monumentos a Emilia Pardo Bazán, Alfonso Molina, Curros Enríquez e John Lennon e nel áchanse emblemáticos edificios modernistas como A Terraza ou o Quiosco Alfonso.

Datos de interese:

Os jardínes creáronse no século XIX no recheo gando ao mar. Foron inaugurados no ano 1868 e eran coñecidos como Xardíns do Ensanche. En 1871 decidiuse darlles o nome do mariño galego Casto Méndez Núñez e posteriormente levantáronse os edificios que rodean o espazo arborizado.
Parque situado no centro da Coruña, onde están situados o Quiosco Alfonso e a sede de Radio Nacional de España (RNE) e Televisión española (TVE).

Monumentos situados nos xardíns:


Monumento a Curros Enríquez:
Autor: Francisco Asorey. O monumento foi esculpido entre 1.928 e 1.934.
Localización: fronte ao Hotel Atlántico.
Características: conxunto arquitectónico realizado en pedra de granito. O monumento foi concibido como a quilla dun barco en cuxa parte máis avanzada aparece a figura de Curros Enríquez, encostada á parte principal da obra por detrás. A figura do escritor do escritor preséntasenos de pé, coas mans cruzadas á altura das bonecas e apoiadas sobre uns manuscritos e un arpa. Aos laterais, aparecen tallados no alto relevo, figuras femininas e masculinas portando as roupaxes e utensilios típicos do campo e do mar. Aos traballadores, acompaña unha vaca ou touro, mentres que ás mulleres faio a figura dun neno e dun cabalo.

Monumento a Daniel Carballo.
Autor: Agustín Querol realizou o monumento e Pedro Mariño construíu o pedestal.
Localización: fronte ao edificio da Terraza.
Características: escultura de Daniel Carballo realizada en bronce con base de granito. A columna é de fuste liso e decorada no capitel e a base con flores, veneras e ovas. Debaixo dos frontóns pódese ve unha placa de bronce cunha inscrición que di: A Daniel Carballo. A Coruña..

Monumento ao Libro e os seus creadores.
Autor: Manuel García, "Buciños".
Localización: fronte ao edificio da Terraza.
Características: representa a unha familia (home, muller e neno) gozando coa lectura. As tres figuras son de bronce e forman unha mesma peza que se apoia sobre un pedestal de granito. A firma do autor aparece gravada no libro que suxeita o home: Buciños, Xunio 1.976.

Monumento a Suárez Ferrín.
Autor: Ramón Conde.
Localización: fronte ao edificio da Terraza.
Características: escultura de busto redondo representando a cabeza de Suárez Ferrín en resina de poliéster e fibra de vidro pigmentadas imitando bronce sobre peana de granito traballada sen pulimentar. No lateral esquerdo aparece a inscrición: A Coruña ao seu alcalde 1.934 e 1.936.

Monumento a Val Inclán.
Autor: Ramón Conde.
Localización: fronte ao edificio da Terraza.
Características: busto de Ramón María do Val Inclán realizado en resina de poliéster pigmentada e fibra de vidro imitando bronce. A firma do autor atópase na parte inferior esquerda. A peza de poliéster descansa sobre unha peana de granito traballada sen pulimentar. Na parte dianteira hai unha inscrición: Val Inclán (1.866-1.936) A Coruña 6-1-1986.

Monumento a Wenceslao Fernández Flórez.
Autor: José Castiñeiras Igrexas.
Localización: fronte ao edificio da Terraza.
Características: monólito granítico traballado sen pulimentar cunha inscrición no seu parte superior: A Coruña a Wenceslao Fernández Flórez xornalista e escritor no centenario do seu nacemento 1.885-1.985. Na parte inferior dereita do monólito aparece a firma de Castiñeiras.

Monumento a Dna. Emilia Pardo Bazán.
Autor: Lorenzo Coullaut Varela.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do Paseo de coches.
Características: escultura en vulto redondo realizada en arenisca. Rodeandola escultura hai unha balaustrada do mesmo material e rematada en dosgrandes alicerces con grandes vasos. Sobre a pedra aparecen tres placas de bronce.

Monumento a Concepción Arenal.
Autor: Rafael González do Villar.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, diante do estanque, fronte ao edificio do Banco Bilbao no Cantón Pequeno.
Características: figura exenta dun aguia coas ás abertas e con lasgarras sobre un libro aberto e unha serpe, realizado en ferro e pintado de negro. Está rodeado de seis pináculos realizados en granito. O monumento levantouse no ano 1.916.

Monumento a Daniel Rodríguez Castelao.
Autor: Manuel Ferreiro Badía.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, fronte á caseta dos xardineiros. - Características: O monumento inaugurouse en 1.986. É unha escultura de vulto redondo tallada nunha soa peza de granito, representando a Castelao de medio corpo. Sobre as súas costas e na parte traseira aparecen tallados un hórreo e un Cristo crucificado.

Monumento a Manuel Murguía.
Autor:Fernando Cortés Bugía.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
Características: busto en bronce con pátina dourada sobre unha base de granito negro pulido, situado sobre unha peana a modo de pirámide de cúspide truncada, realizada en granito rosa pulido. Sobre unha das paredes aparecen as letras en bronce: Murguía 1.833-1.933.

Monumento a Juan Fernández Latorre.
Autor: José Escudeiro.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
Características: busto en bronce de tonalidade negra sobre unha pirámide de cúspide truncada en granito sen pulimentar. Sobre a fronte de granito aparecen as letras: A Coruña a D. Juan Fernández Latorre 6-Abril-1.958. No lateral esquerdo do busto aparece a firma de José Escudeiro e a data 1.958.

Monumento conmemorativo ao Ano Internacional do Neno.
Autor: Mon Vasco.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
Características: forma abstracta de cemento armado cunha figura central en bronce representando a un recentemente nado. Aos lados e baleirado sobre o cemento aparecen as figuras de catro nenos que van crecendo en altura do interior ao exterior da obra.

Monumento ao Doutor Hervada.
Autor: José Escudeiro.
Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
Características: busto en bronce en ton negro sobre peana de granito puído de ton gris. Baixo esta peana, outra de granito cor ocre rosáceo cunha base de granito gris. Sustenta todo o conxunto unha base de cemento..

Monumento a Themys e Baco.
Autor: Felipe de Moratilla.
Localización: xardíns de Méndez Núñez.
Características: busto de Baco con Themys realizado en bronce de cor negra, sobre unha peana tamén de bronce e colocada sobre unha base de cemento..

Monumento ao Pescador Napolitano.
Autor: Felipe de Moratilla.
Localización: xardíns de Méndez Núñez.
Características: figura de mozo espido recollendo cangrexos cunha rede, realizado en bronce de cor negra, cunha base de bronce e colocado sobre unha argamasa de cemento e pedra.

Monumento a Eduardo Pondal.
Autor: Fernando Cortés Bugía.
Localización: xardíns de Méndez Núñez preto do reloxo floral.
Características: busto de mármore sobre unha base tamén de mármore con inscrición tallada sobre unha peana de granito.

Monumento a Aureliano Linares Rivas.
Autor: Agustín Querol.
Localización: xardíns da Rosaleda, fronte á rúa Sánchez Bregua.
Características: monólito de granito con relevos que imitan a técnica de panos mollados utilizada na Grecia clásica de Filias. A escultura está realizada en bronce de cor negra.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión