Con motivo da realización do Festival de Viñetas desde o Atlántico, en Bibliotecas Municipais contamos cunha ampla programación relacionada co mundo do cómic.
29/08/2014
Xa rematou
Dende o 20/08/2014 ata o 27/08/2014
Biblioteca Municipal Monte Alto. Praza de los Abuelos s/n, 3º. 15002 A Coruña
A Biblioteca Municipal de Monte Alto organiza un taller creativo de humor gráfico impartido por LEANDRO & GUITIÁN o 29 de agosto ás 11.30 horas destinado á mocidade de a partir de 16 anos.
O taller consta de dúas partes
.: Primeira parte: onde coñecerán os mecanismo do humor contemporáneo e as distintas técnicas creativas.
.: Segunda parte: practicarase a característica "retranca" facendo divertidas "colaxes".
Non é necesario saber debuxar.
Leando e Guitián son dous profesionais do humor gráfico. Xuntos ou por separado colaboraron en medios como La Voz de Galicia, El Jueves, ou Socarronería.
Inscrición previa: límite de prazas.
Para poder participar no taller é necesario formalizar unha inscrición previa a partir do 20 de agosto presencialmente -no mostrador da propia biblioteca no horario de apertura dela- ou por teléfono.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible